Resolucións

Mostrar    resultados
Nº Resolución
Nº Recurso
Data Resolución
Decisión
Tipo Contrato
Acto Recorrido
Descrición Arquivo
0080/2019 0075/2019 10-04-2019 Estima Contrato de obras Exclusión Contrato mixto con prestación principal de obras. Tanto a interpretación literal e conxunta dos documentos da licitación como a propia aplicación da lexislación contractual determinan que a clasificación achegada polos recorrentes sexa medio suficiente para acreditar a súa solvencia para esta licitación tal e como sinala o artigo 77 da LCSP, sen que deban achegar maior documentación ao respecto. Descargar ficheiro
0080/2019 0077/2019 10-04-2019 Estima Contrato de obras Exclusión Contrato mixto con prestación principal de obras. Tanto a interpretación literal e conxunta dos documentos da licitación como a propia aplicación da lexislación contractual determinan que a clasificación achegada polos recorrentes sexa medio suficiente para acreditar a súa solvencia para esta licitación tal e como sinala o artigo 77 da LCSP, sen que deban achegar maior documentación ao respecto. Descargar ficheiro
0079/2019 0074/2019 10-04-2019 Desestima Contrato de servizos Adxudicación Discrecionalidade técnica. Motivación da adxudicación. Descargar ficheiro
0078/2019 0068/2019 08-04-2019 Estima Contrato de servizos Pregos Cláusula social como criterio de adxudicación. Anulación na configuración plasmada nos pregos. Descargar ficheiro
0077/2019 0060/2019 08-04-2019 Desestima Concesión de servizos Adxudicación Confirmación da oferta adxudicataria. Descargar ficheiro
0076/2019 0064/2019 04-04-2019 Desestima Contrato de subministración Adxudicación A oferta adxudicataria cumpre os requisitos exixidos nos pregos da contratación. Descargar ficheiro
0075/2019 0076/2019 01-04-2019 Inadmite Contrato de servizos Non susceptible de recurso especial Notificación da comunicación da selección da mellor oferta. Non se ofrece recurso especial. Acto non impugnable ex art. 55.c LCSP. Descargar ficheiro
0074/2019 0069/2019 01-04-2019 Estima Contrato de servizos Exclusión Oferta considerada desproporcionada. A viabilidade da oferta debe apreciarse globalmente respecto ao conxunto da prestación. Nulidade da exclusión. Retroacción da licitación ao momento anterior á exclusión, con nova valoración de ofertas, incluíndo á recorrente e nova proposta de adxudicación á mellor clasificada. Conservación de actos. Descargar ficheiro
0073/2019 0067/2019 01-04-2019 Estima parcialmente Contrato de servizos Pregos Criterios no PCAP que implican arraigo territorial. Vulneración da libre competencia. Estimación deste motivo. Por outra parte, o órgano de contratación xustifica a non división en lotes. Descargar ficheiro
0072/2019 0073/2019 29-03-2019 Estima Contrato de servizos Pregos O orzamento do contrato debe configurarse segundo os arts. 100 e 101 LCSP. Nulidade de cláusula 3 do PCAP. Descargar ficheiro
0072/2019 0072/2019 29-03-2019 Estima Contrato de servizos Pregos O orzamento do contrato debe configurarse segundo os arts. 100 e 101 LCSP. Nulidade de cláusula 3 do PCAP. Descargar ficheiro
0071/2019 0071/2019 29-03-2019 Estima Contrato de servizos Pregos O órgano de contratación incumpre a obriga de desagregación dos orzamentos da licitación, ex art. 100 LCSP. Nulidade da cláusula 4 do PCAP respecto do orzamento e valor estimado. Descargar ficheiro
0070/2019 0062/2019 28-03-2019 Inadmite Contrato de obras Exclusión A recorrente non emendou a acreditación do poder para interpoñer recursos en nome da entidade mercantil. En obiter dicta, a licitadora non ten clasificación respecto dos lotes aos que concorre. Exclusión procedente. Prego lex contractus. Imposibilidade de renunciar ao lote 2 porque constitúe unha retirada de proposicións non admitida pola LCSP. Descargar ficheiro
0069/2019 0070/2019 28-03-2019 Inadmite Contrato de subministración Pregos Desistencia da contratación por detectar erro non emendable. Carencia sobrevida do obxecto do recurso. Descargar ficheiro
0068/2019 0066/2019 28-03-2019 Desestima Contrato de servizos Adxudicación A executividade das resolución dos Tribunais de recursos contractuais. Descargar ficheiro
0067/2019 0059/2019 28-03-2019 Estima Contrato de subministración Pregos As mencións xenéricas nos PCAP impiden a un licitador dilixente coñecer aspectos relevantes a avaliar polo órgano de contratación, deixando a este un excesivo marxe de distribución da puntuación que impediría o posterior control. Vulneración dos principios de transparencia e de igualdade. Descargar ficheiro
0066/2019 0058/2019 25-03-2019 Inadmite Contrato de servizos Desistencia da licitación A UTE recorrente non foi licitadora polo que carece de lexitimación, art. 55.b LCSP. Que unha empresa integrante desa UTE sexa licitadora non lle traslada lexitimación para interpoñer o recurso. Os erros padecidos nos pregos e apreciados polo órgano de contratación son motivo da desistencia da licitación. Descargar ficheiro
0065/2019 0057/2019 25-03-2019 Desestima Contrato de subministración Exclusión A oferta do recorrente non se axusta ao PPT. A correcta configuración da oferta é responsabilidade do licitador sen que o recurso especial se poida transformar nun trámite para modificar ou cumprimentar a oferta presentada. Descargar ficheiro
0064/2019 0056/2019 25-03-2019 Estima parcialmente Contrato de servizos Adxudicación Suposto de lexitimación para impugnar simultaneamente a adxudicación e a exclusión. Inexistencia de risco operacional. Falta de motivación na avaliación. Descargar ficheiro
0063/2019 0065/2019 22-03-2019 Inadmite Contrato de subministración Pregos Non cabe unha acción baseada no mero interese da legalidade. Falta de lexitimación. Descargar ficheiro
Mostrando do 1.641 ao 1.660 de 1.879 resultados