Resolucións
Las
resoluciones en castellano son traducciones del original, en
gallego, que es el texto prevalente en caso de discrepancias
Mostrar resultados
| Nº Resolución | Nº Recurso | Data Resolución | Decisión | Tipo Contrato | Acto Recorrido | Descrición | Arquivo |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 0027/2019 | 0015/2019 | 01-02-2019 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | A oferta non se axusta ao PPT. Pretensión de modificar a oferta, en vía de recurso, con nova documentación. Exclusión procedente. | Descargar ficheiro |
| 0026/2019 | 0022/2019 | 30-01-2019 | Inadmite | Concesión de servizos | Acto trámite non cualificado | A proposta de adxudicación da mesa é un acto de trámite non cualificado. Impúgnase un acto non susceptible de recurso. Inadmisión art. 55.c LCSP. | Descargar ficheiro |
| 0025/2019 | 0020/2019 | 30-01-2019 | Desestima | Contrato de servizos | Pregos | Expresión “equivalente” na referencia ás titulacións nos pregos. O órgano de contratación recoñece que a titulación de xeólogos resulta incluída e poden formar parte do equipo técnico. | Descargar ficheiro |
| 0024/2019 | 0014/2019 | 30-01-2019 | Desestima | Contrato de servizos | Adxudicación | Pregos consentidos e non impugnados sobre a operatividade dos criterios de adxudicación. Non escuridade. Nos pregos os criterios automáticos superaban aos de xuízo de valor. Innecesariedade comité de expertos. Discrecionalidade técnica na avaliación de criterios. Motivación suficiente da avaliación efectuada. | Descargar ficheiro |
| 0023/2019 | 0156/2018 | 30-01-2019 | Desestima | Contrato de subministración | Acto trámite cualificado | Contratación electrónica. Os licitadores non incorporaron certa documentación esixida, senón unha remisión a enlaces externos. Non é admisible. Incumprimento pregos. Non está garantida a súa inmutabilidade. Exclusións procedentes. | Descargar ficheiro |
| 0023/2019 | 0013/2019 | 30-01-2019 | Desestima | Contrato de subministración | Acto trámite cualificado | Contratación electrónica. Os licitadores non incorporaron certa documentación esixida, senón unha remisión a enlaces externos. Non é admisible. Incumprimento pregos. Non está garantida a súa inmutabilidade. Exclusións procedentes. | Descargar ficheiro |
| 0022/2019 | 0024/2019 | 28-01-2019 | Inadmite | Non susceptible de recurso especial | Non susceptible de recurso especial | Inadmisión. Non é un contrato administrativo como exixe o artigo 44.1 LCSP. | Descargar ficheiro |
| 0021/2019 | 0023/2019 | 28-01-2019 | Estima parcialmente | Contrato de servizos | Pregos | Falta de proporcionalidade nos criterios de solvencia. Esixencia de servizos prestados a concellos co dobre de poboación do contratante. Anulación desta previsión. | Descargar ficheiro |
| 0020/2019 | 0012/2019 | 28-01-2019 | Estima | Contrato de servizos | Pregos | Incumprimento do art. 100.2 LCSP para xustificación do cálculo do orzamento de licitación. Nulidade parcial do PCAP. Retroacción a momento anterior á aprobación dos pregos. | Descargar ficheiro |
| 0019/2019 | 0010/2019 | 28-01-2019 | Inadmite | Contrato de servizos | Non susceptible de recurso especial | Inadmisión. O recurso especial pivota principalmente sobre unha concepción precontractual do mesmo, previo á formalización do contrato, con só excepcións moi concretas. | Descargar ficheiro |
| 0018/2019 | 0006/2019 | 24-01-2019 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | A oferta presentada contaba cunha enquisa técnica, aportada e cumprimentada pola recorrente, onde esta sinalou características incompatibles co prego técnico, polo que sendo a correcta configuración da proposición a súa responsabilidade, procedía a exclusión decretada sen que o recurso especial e o que nel se aporte se poida transformar nun trámite para modificar a oferta cumprimentada e presentada por este licitador. | Descargar ficheiro |
| 0017/2019 | 0158/2018 | 24-01-2019 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | A oferta do recorrente non acadou a puntuación establecida como mínima para continuar na contratación. Exclusión procedente. | Descargar ficheiro |
| 0016/2019 | 0011/2019 | 18-01-2019 | Inadmite | Contrato de servizos | Exclusión | Participante excluído. Exclusión impugnada e confirmada por este TACGal sen impugnación ulterior. Inexistencia de lexitimación. | Descargar ficheiro |
| 0015/2019 | 0009/2019 | 18-01-2019 | Estima | Contrato de servizos | Pregos | O órgano de contratación ten o deber de desglosar o orzamento da licitación segundo art.100 LCSP. Anulación. | Descargar ficheiro |
| 0014/2019 | 0008/2019 | 18-01-2019 | Estima | Contrato de servizos | Pregos | O órgano de contratación ten o deber de desglosar o orzamento da licitación segundo art.100 LCSP. Anulación. | Descargar ficheiro |
| 0013/2019 | 0004/2019 | 18-01-2019 | Inadmite | Contrato de servizos | Acto trámite non cualificado | O acordo do órgano de contratación se sitúa no momento procedimental previsto no artigo 150.2 da LCSP, é dicir, con carácter previo á adxudicación. Inadmisión. | Descargar ficheiro |
| 0012/2019 | 0005/2019 | 16-01-2019 | Estima | Contrato de servizos | Adxudicación | Anulación da adxudicación. Vulneración do principio de proposición independente. Exclusión das ofertas vulneradoras de tal principio. | Descargar ficheiro |
| 0012/2019 | 0003/2019 | 16-01-2019 | Estima | Contrato de servizos | Adxudicación | Anulación da adxudicación. Vulneración do principio de proposición independente. Exclusión das ofertas vulneradoras de tal principio. | Descargar ficheiro |
| 0011/2019 | 0001/2019 | 14-01-2019 | Estima | Contrato de servizos | Pregos | Incongruencia entre bases da convocatoria. A lexislación aplicable non impide a participación de enxeñeiros civís. Anulación. | Descargar ficheiro |
| 0010/2019 | 0161/2018 | 14-01-2019 | Estima | Contrato de servizos | Pregos | O órgano de contratación ten o deber de desglosar o orzamento da licitación segundo art.100 LCSP. Anulación. | Descargar ficheiro |
Mostrando do 1.701 ao 1.720 de 1.879 resultados