Resolucións

Mostrar    resultados
Nº Resolución
Nº Recurso
Data Resolución
Decisión
Tipo Contrato
Acto Recorrido
Descrición Arquivo
0099/2019 0096/2019 02-05-2019 Desestima Contrato de servizos Exclusión Rexeitáronse as ofertas incursas en valores anormais segundo os criterios do prego en relación aos custos laborais. A carga de demostrar a viabilidade da súa oferta recae no licitador. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0098/2019 0094/2019 02-05-2019 Inadmite Concesión de servizos Pregos A executividade da resolución TACGal 88/2019, nun recurso anterior contra esta mesma contratación, anulou os pregos e a propia licitación, co efecto inmediato de deixar sen obxecto outros recursos especiais, pola perda sobrevida do seu obxecto. Descargar ficheiro
0097/2019 0093/2019 02-05-2019 Inadmite Concesión de servizos Pregos A executividade da resolución TACGal 88/2019, nun recurso anterior contra esta mesma contratación, anulou os pregos e a propia licitación, co efecto inmediato de deixar sen obxecto outros recursos especiais, pola perda sobrevida do seu obxecto. Descargar ficheiro
0096/2019 0092/2019 02-05-2019 Inadmite Concesión de servizos Pregos A executividade da resolución TACGal 88/2019, nun recurso anterior contra esta misma contratación, anulou os pregos e a propia licitación, co efecto inmediato de deixar sen obxecto outros recursos especiais, pola perda sobrevida do seu obxecto. Descargar ficheiro
0095/2019 0091/2019 02-05-2019 Estima parcialmente Contrato de subministración Adxudicación Discrepancia na oferta da adxudicataria. A mesa debe solicitar aclaración dos exactos termos nos que se formulou esa oferta, sen que se poida modificar. Anulación da adxudicación e retroacción da licitación para abrir trámite de aclaración dos termos da oferta en relación co sistema de iluminación do produto ofertado. Descargar ficheiro
0094/2019 0098/2019 29-04-2019 Inadmite Acordo marco Non susceptible de recurso especial A recorrente impugna a proposta da mesa dirixida ao órgano de contratación, que, neste caso, ten carácter de acto de trámite non decisorio e por iso, non impugnable. Descargar ficheiro
0093/2019 0095/2019 29-04-2019 Estima parcialmente Contrato de servizos Pregos O certificado medioambiental exixido nos pregos pode operar como condición de solvencia pero non valorarse como criterio de adxudicación. Anulación do dito criterio de adxudicación avaliable de forma automática. Forma de presentación das ofertas. Descargar ficheiro
0092/2019 0088/2019 29-04-2019 Estima parcialmente Contrato de servizos Pregos Recoñecemento polo órgano de contratación de defectos no orzamento e valor estimado. Descargar ficheiro
0091/2019 0084/2019 29-04-2019 Estima parcialmente Contrato de servizos Pregos Diferente fixación do orzamento ante prestacións equivalentes para os dous lotes. Anulación no lote 1. Descargar ficheiro
0090/2019 0086/2019 26-04-2019 Desestima Contrato de subministración Exclusión A licitadora ten a carga da correcta presentación da súa proposición. Non se presentaron todos os sobres requiridos e o sucedido implicou que a totalidade da información que debía estar nun sobre independente, se introduciu xunto coa documentación referida a outro aspecto da proposición á que se accede antes. Inadmisión procedente. Descargar ficheiro
0089/2019 0089/2019 24-04-2019 Estima parcialmente Contrato de servizos Adxudicación Insuficiente motivación na valoración. Retroacción do procedemento para que o órgano de contratación explicite debidamente a motivación da puntuación outorgada, sen variala, dando lugar a un novo acordo de adxudicación, con indicación dos recursos que caiban. Descargar ficheiro
0088/2019 0087/2019 24-04-2019 Estima parcialmente Concesión de servizos Pregos A visita ás instalacións non podía ser obxecto de valoración cando non aparece entre os criterios de adxudicación. Nulidade da cláusula de revisión de prezos. Descargar ficheiro
0087/2019 0081/2019 24-04-2019 Estima parcialmente Contrato de servizos Pregos A referencia do órgano de contratación de que a oferta do recorrente incumpría o convenio colectivo de aplicación non era invocable para unha oferta non identificada en presunción de anormalidade en base ao fixado nos pregos. Descargar ficheiro
0086/2019 0090/2019 26-04-2019 Desestima Contrato de subministración Exclusión Anticipación no sobre B de información propia do sobre C. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0085/2019 0082/2019 15-04-2019 Estima Contrato de servizos Pregos Incorrecta configuración da exixencia de solvencia a partires da presentación de certificados de acreditación do cumprimento de normas de calidade. Acumulación de solvencia en UTE: proporcionalidade e solvencia mínima. Descargar ficheiro
0085/2019 0083/2019 15-04-2019 Estima Contrato de servizos Pregos Incorrecta configuración da exixencia de solvencia a partires da presentación de certificados de acreditación do cumprimento de normas de calidade. Acumulación de solvencia en UTE: proporcionalidade e solvencia mínima. Descargar ficheiro
0084/2019 0080/2019 12-04-2019 Estima Contrato de servizos Pregos Os pregos incumpren as obrigas dos arts. 100 e 101 LCSP. Descargar ficheiro
0083/2019 0079/2019 12-04-2019 Desestima Contrato de subministración Exclusión Tras emenda aberta ao licitador respecto á súa declaración de solvencia técnica, a documental que achegou non era suficiente. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0082/2019 0078/2019 12-04-2019 Estima Contrato de servizos Adxudicación Anticipación de información no sobre B respecto do sobre C. Anulación da adxudicación con retroacción para exclusión da oferta adxudicataria, con nova adxudicación que corresponda. Descargar ficheiro
0081/2019 0085/2019 10-04-2019 Desestima Contrato de servizos Pregos Non se pode admitir ao recorrente, que xa recorrera estes pregos desta licitación, que impugne agora cláusulas que xa existían nos previos pregos. Solvencia técnica referenciada a servizos en poboacións de 8.000 habitantes. Resulta procedente cando o concello contratante ten esa poboación ou superior. Descargar ficheiro
Mostrando do 1.621 ao 1.640 de 1.879 resultados