Resolucións

Mostrar    resultados
Nº Resolución
Nº Recurso
Data Resolución
Decisión
Tipo Contrato
Acto Recorrido
Descrición Arquivo
0058/2019 0054/2019 15-03-2019 Desestima Contrato de subministración Adxudicación Tratándose de criterios de aplicación automática, o único que procede é a aplicación directa da fórmula prevista, sen que se poidan introducir criterios técnicos que desvirtúen o previsto nos pregos da licitación. Descargar ficheiro
0057/2019 0049/2019 15-03-2019 Estima parcialmente Contrato de subministración Exclusión Erro relevante na notificación da exclusión. Retroacción do procedemento para que se analice se o lote ofertado se axusta ao exixido no PPT, se acorde o que proceda e se notifique oportunamente, con conservación dos trámites non afectados. Descargar ficheiro
0056/2019 0047/2019 15-03-2019 Desestima Contrato de subministración Exclusión A oferta do recorrente non cumpre o PPT. Descargar ficheiro
0055/2019 0045/2019 15-03-2019 Desestima Contrato de subministración Exclusión O recorrente directamente introduciu no seu sobre B o certificado a valorar no sobre C. Creba do segredo das proposicións no proceso de valoración. Descargar ficheiro
0054/2019 0046/2019 13-03-2019 Desestima Contrato de subministración Exclusión A oferta do recorrente non cumpre o PPT. O recurso especial non se pode transformar nun trámite para modificar a súa oferta. Descargar ficheiro
0053/2019 0055/2019 11-03-2019 Desestima Contrato de subministración Exclusión Contratación electrónica. O recorrente non xuntou a documentación establecida nos pregos. Non constan impedimentos técnicos. Descargar ficheiro
0052/2019 0043/2019 11-03-2019 Estima parcialmente Contrato de servizos Exclusión Oferta anormal ou desproporcionada. Especificidades no prego en cuestión. Retroacción para que se efectúe requirimento con claridade respecto da viabilidade da oferta do recorrente. Descargar ficheiro
0051/2019 0040/2019 11-03-2019 Desestima Contrato de servizos Adxudicación A recorrente tivo acceso ás partes esenciais da oferta, respectando a confidencialidade. Non se aprecia que exista unha exclusión pola imposibilidade de cumprir os pregos. Valoración axustada a dereito. Descargar ficheiro
0050/2019 0050/2019 04-03-2019 Estima parcialmente Contrato de servizos Pregos Incumprimento das obrigas previstas nos artigos 100 e 101 LCSP, sobre o orzamento da licitación. Descargar ficheiro
0049/2019 0039/2019 28-02-2019 Estima Contrato de servizos Adxudicación Operatividade dun criterio sometido a avaliación automática. Anulación da adxudicación e retroacción do procedemento para a aplicación de tal criterio. Descargar ficheiro
0049/2019 0041/2019 28-02-2019 Estima Contrato de servizos Adxudicación Operatividade dun criterio sometido a avaliación automática. Anulación da adxudicación e retroacción do procedemento para a aplicación de tal criterio. Descargar ficheiro
0048/2019 0044/2019 27-02-2019 Desestima Contrato de servizos Exclusión A oferta supera o número máximo de páxinas sinaladas nos pregos. As regras de extensión da documentación hai que compaxinalas co principio de proporcionalidade en relación ao resto dos principios da contratación, pero sen que isto implique que unha determinación deste tipo non sexa, de por si, relevante. Así, sempre é importante atender ao caso concreto, se ben debemos apuntar que os requisitos de extensión teñen potencialidade de afectación á igualdade de trato dos licitadores, pois os que se acolleron ao que poñían os pregos deberon axustar a súa proposición a esas limitacións, de forma que se non os houbera posiblemente poderían darlle outro contido ás mesmas. Descargar ficheiro
0047/2019 0042/2019 27-02-2019 Estima parcialmente Contrato de servizos Adxudicación Análise insuficiente da viabilidade da oferta adxudicataria impugnada, anormalmente baixa. Nulidade da adxudicación e retroacción do procedemento para nova análise da xustificación desa oferta. Descargar ficheiro
0046/2019 0048/2019 21-02-2019 Inadmite Contrato de servizos Exclusión O valor estimado da licitación non acada o limiar mínimo susceptible de recurso. Descargar ficheiro
0045/2019 0034/2019 19-02-2019 Desestima Contrato de subministración Exclusión Emenda insuficiente do DEUC respecto da solvencia técnica exixida no PCAP. Non proceden máis posibilidades de emenda. En vía de recurso especial non se acepta completar os defectos da oferta. É responsabilidade do recorrente a axeitada configuración da súa proposta. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0044/2019 0030/2019 18-02-2019 Desestima Contrato de subministración Exclusión A oferta do recorrente non cumpre o PPT. O recurso especial non se pode transformar nun trámite para modificar a súa oferta. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0043/2019 0027/2019 18-02-2019 Desestima Contrato de servizos Adxudicación A lexitimación do recorrente é porque un licitador participante nun procedemento de contratación pode impugnar a adxudicación agás que estea definitivamente excluído, condición que, en base a Sentenzas do TXUE, non aparece en quen efectivamente ten impugnada esa exclusión cando recorre a adxudicación, tendo en conta que recorre contra a adxudicación dun competidor que era aquí o único outro licitador que concorría. A situación non sería a mesma entón se esa exclusión non estivera recorrida nese intre. Os precontratos constitúen proba suficiente para acreditar a dispoñibilidade efectiva de medios persoais. Descargar ficheiro
0042/2019 0037/2019 18-02-2019 Inadmite Contrato de subministración Exclusión A xustificación da oferta anormal inclúe unha desagregación dos custos e beneficios do contrato sen que exista xustificación do órgano de contratación que determine a inviabilidade da oferta. Documentación cualificada de incompleta polo órgano de contratación, sen argumentos suficientes. A inadmisión do recurso 37/2019 prodúcese sobrevidamente, por falta de obxecto. Descargar ficheiro
0042/2019 0026/2019 18-02-2019 Estima Contrato de subministración Exclusión A xustificación da oferta anormal inclúe unha desagregación dos custos e beneficios do contrato sen que exista xustificación do órgano de contratación que determine a inviabilidade da oferta. Documentación cualificada de incompleta polo órgano de contratación, sen argumentos suficientes. A inadmisión do recurso 37/2019 prodúcese sobrevidamente, por falta de obxecto. Descargar ficheiro
0041/2019 0036/2019 14-02-2019 Inadmite Concesión de servizos Pregos Natureza de concesión. Máis alá da xenérica alegación a que non existe risco operacional, non se mostran argumentos que permitan desvirtuar a discrecionalidade técnica que lle corresponde ao órgano de contratación á hora de configurar os termos da licitación. O valor estimado da concesión de servizo non acada o limiar previsto para que as concesións accedan ao recurso especial. Interposición extemporánea. Descargar ficheiro
Mostrando do 1.681 ao 1.700 de 1.894 resultados