Resolucións
Las
resoluciones en castellano son traducciones del original, en
gallego, que es el texto prevalente en caso de discrepancias
Mostrar resultados
| Nº Resolución | Nº Recurso | Data Resolución | Decisión | Tipo Contrato | Acto Recorrido | Descrición | Arquivo |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 0076/2019 | 0064/2019 | 04-04-2019 | Desestima | Contrato de subministración | Adxudicación | A oferta adxudicataria cumpre os requisitos exixidos nos pregos da contratación. | Descargar ficheiro |
| 0075/2019 | 0076/2019 | 01-04-2019 | Inadmite | Contrato de servizos | Non susceptible de recurso especial | Notificación da comunicación da selección da mellor oferta. Non se ofrece recurso especial. Acto non impugnable ex art. 55.c LCSP. | Descargar ficheiro |
| 0074/2019 | 0069/2019 | 01-04-2019 | Estima | Contrato de servizos | Exclusión | Oferta considerada desproporcionada. A viabilidade da oferta debe apreciarse globalmente respecto ao conxunto da prestación. Nulidade da exclusión. Retroacción da licitación ao momento anterior á exclusión, con nova valoración de ofertas, incluíndo á recorrente e nova proposta de adxudicación á mellor clasificada. Conservación de actos. | Descargar ficheiro |
| 0073/2019 | 0067/2019 | 01-04-2019 | Estima parcialmente | Contrato de servizos | Pregos | Criterios no PCAP que implican arraigo territorial. Vulneración da libre competencia. Estimación deste motivo. Por outra parte, o órgano de contratación xustifica a non división en lotes. | Descargar ficheiro |
| 0072/2019 | 0073/2019 | 29-03-2019 | Estima | Contrato de servizos | Pregos | O orzamento do contrato debe configurarse segundo os arts. 100 e 101 LCSP. Nulidade de cláusula 3 do PCAP. | Descargar ficheiro |
| 0072/2019 | 0072/2019 | 29-03-2019 | Estima | Contrato de servizos | Pregos | O orzamento do contrato debe configurarse segundo os arts. 100 e 101 LCSP. Nulidade de cláusula 3 do PCAP. | Descargar ficheiro |
| 0071/2019 | 0071/2019 | 29-03-2019 | Estima | Contrato de servizos | Pregos | O órgano de contratación incumpre a obriga de desagregación dos orzamentos da licitación, ex art. 100 LCSP. Nulidade da cláusula 4 do PCAP respecto do orzamento e valor estimado. | Descargar ficheiro |
| 0070/2019 | 0062/2019 | 28-03-2019 | Inadmite | Contrato de obras | Exclusión | A recorrente non emendou a acreditación do poder para interpoñer recursos en nome da entidade mercantil. En obiter dicta, a licitadora non ten clasificación respecto dos lotes aos que concorre. Exclusión procedente. Prego lex contractus. Imposibilidade de renunciar ao lote 2 porque constitúe unha retirada de proposicións non admitida pola LCSP. | Descargar ficheiro |
| 0069/2019 | 0070/2019 | 28-03-2019 | Inadmite | Contrato de subministración | Pregos | Desistencia da contratación por detectar erro non emendable. Carencia sobrevida do obxecto do recurso. | Descargar ficheiro |
| 0068/2019 | 0066/2019 | 28-03-2019 | Desestima | Contrato de servizos | Adxudicación | A executividade das resolución dos Tribunais de recursos contractuais. | Descargar ficheiro |
| 0067/2019 | 0059/2019 | 28-03-2019 | Estima | Contrato de subministración | Pregos | As mencións xenéricas nos PCAP impiden a un licitador dilixente coñecer aspectos relevantes a avaliar polo órgano de contratación, deixando a este un excesivo marxe de distribución da puntuación que impediría o posterior control. Vulneración dos principios de transparencia e de igualdade. | Descargar ficheiro |
| 0066/2019 | 0058/2019 | 25-03-2019 | Inadmite | Contrato de servizos | Desistencia da licitación | A UTE recorrente non foi licitadora polo que carece de lexitimación, art. 55.b LCSP. Que unha empresa integrante desa UTE sexa licitadora non lle traslada lexitimación para interpoñer o recurso. Os erros padecidos nos pregos e apreciados polo órgano de contratación son motivo da desistencia da licitación. | Descargar ficheiro |
| 0065/2019 | 0057/2019 | 25-03-2019 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | A oferta do recorrente non se axusta ao PPT. A correcta configuración da oferta é responsabilidade do licitador sen que o recurso especial se poida transformar nun trámite para modificar ou cumprimentar a oferta presentada. | Descargar ficheiro |
| 0064/2019 | 0056/2019 | 25-03-2019 | Estima parcialmente | Contrato de servizos | Adxudicación | Suposto de lexitimación para impugnar simultaneamente a adxudicación e a exclusión. Inexistencia de risco operacional. Falta de motivación na avaliación. | Descargar ficheiro |
| 0063/2019 | 0065/2019 | 22-03-2019 | Inadmite | Contrato de subministración | Pregos | Non cabe unha acción baseada no mero interese da legalidade. Falta de lexitimación. | Descargar ficheiro |
| 0062/2019 | 0063/2019 | 20-03-2019 | Inadmite | Contrato de subministración | Non susceptible de recurso especial | A clasificación de ofertas e o informe técnico de valoración non son susceptibles de recurso especial, art. 44.2.b. | Descargar ficheiro |
| 0061/2019 | 0061/2019 | 20-03-2019 | Inadmite | Contrato de servizos | Non susceptible de recurso especial | A incoacción dun procedemento para imposición de penalidades contractuais non é susceptible de impugnación mediante recurso especial. | Descargar ficheiro |
| 0060/2019 | 0053/2019 | 20-03-2019 | Desestima | Contrato de servizos | Adxudicación | Subcriterios. Non afastamento dos pregos na valoración. | Descargar ficheiro |
| 0059/2019 | 0052/2019 | 15-03-2019 | Estima parcialmente | Contrato de servizos | Pregos | O órgano de contratación incumpre a obriga do artigo 100.2 LCSP, sobre o orzamento da licitación. Cúmprese coa porcentaxe mínima de criterios relativos á calidade, ex art. 145.4.2º. | Descargar ficheiro |
| 0058/2019 | 0051/2019 | 15-03-2019 | Desestima | Contrato de subministración | Adxudicación | Tratándose de criterios de aplicación automática, o único que procede é a aplicación directa da fórmula prevista, sen que se poidan introducir criterios técnicos que desvirtúen o previsto nos pregos da licitación. | Descargar ficheiro |
Mostrando do 1.661 ao 1.680 de 1.894 resultados