Resolucións
Las
resoluciones en castellano son traducciones del original, en
gallego, que es el texto prevalente en caso de discrepancias
Mostrar resultados
| Nº Resolución | Nº Recurso | Data Resolución | Decisión | Tipo Contrato | Acto Recorrido | Descrición | Arquivo |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 0004/2019 | 0153/2018 | 03-01-2019 | Inadmite | Contrato de servizos | Pregos | Dies a quo para recorrer os pregos. O artigo 50.1.b) expresa que é dende o día seguinte ao que se publicara o anuncio de licitación no perfil do contratante, sempre que se indicara o acceso aos pregos. Interposición extemporánea do recurso. | Descargar ficheiro |
| 0003/2019 | 0151/2018 | 03-01-2019 | Desestima | Contrato de servizos | Exclusión | A oferta carece de un dos requisitos esixidos, polo que procede a súa exclusión. Non estamos perante un mero defecto formal na proposición do licitador que caiba ser formalmente emendado sen afectación aos principios de igualdade e de inmutabilidade da oferta, senón no suposto onde a oferta, tal como foi presentada, carece dun dos requisitos esixidos. | Descargar ficheiro |
| 0002/2019 | 0148/2018 | 03-01-2019 | Desestima | Contrato de subministración | Adxudicación | Discrecionalidade técnica. Ao tratarse de aspectos que se avalían con criterios estritamente técnicos, o TACGal non pode corrixilos aplicando criterios xurídicos, sen prexuízo de que poidan ser obxecto de análise cuestións formais da valoración, como as normas de competencia ou de procedemento, por exemplo, ou a análise de se na valoración se aplicaron criterios arbitrarios ou discriminatorios, ou omisións ou erros materiais ao efectuala. Fóra destes aspectos, o Tribunal debe respectar os resultados de devandita valoración. | Descargar ficheiro |
| 0001/2019 | 0147/2018 | 03-01-2019 | Estima | Contrato de servizos | Adxudicación | Exclusión das empresas por ofertar prezos unitarios por enriba dos fixados na licitación. A actuación do órgano de contratación excedeu dunha mera interpretación das ofertas dos licitadores, procedendo a unha modificación das proposicións. | Descargar ficheiro |
| 0001/2019 | 0152/2018 | 03-01-2019 | Estima | Contrato de servizos | Adxudicación | Exclusión das empresas por ofertar prezos unitarios por enriba dos fixados na licitación. A actuación do órgano de contratación excedeu dunha mera interpretación das ofertas dos licitadores, procedendo a unha modificación das proposicións. | Descargar ficheiro |
| 0133/2018 | 0139/2018 | 27-12-2018 | Estima | Contrato de servizos | Pregos | Admisión do recurso especial contra pregos, de quen presentou a oferta á licitación. A existencia da obriga para a nova empresa adxudicataria de proceder á subrogación deriva do establecido no convenio colectivo, sendo o nacemento desa obriga independente do concreto procedemento administrativo seguido para a precedente adxudicación. Falta de información polo órgano de contratación sobre as condicións da subrogación. Incumprimento do artigo 130 da LCSP. Retroacción do procedemento ao momento anterior a aprobación dos pregos. | Descargar ficheiro |
| 0132/2018 | 0145/2018 | 20-12-2018 | Desestima | Contrato de servizos | Exclusión | Admisión do recurso especial. Exceso de megabytes nas propostas excluídas. Previsión nos pregos. Proporcionalidade na cuestión. Exclusión procedente. | Descargar ficheiro |
| 0132/2018 | 0149/2018 | 20-12-2018 | Desestima | Contrato de servizos | Exclusión | Admisión do recurso especial. Exceso de megabytes nas propostas excluídas. Previsión nos pregos. Proporcionalidade na cuestión. Exclusión procedente. | Descargar ficheiro |
| 0131/2018 | 0140/2018 | 20-12-2018 | Estima | Contrato de subministración | Exclusión | O TACGal xa se pronunciou en numerosas ocasións contrario a un excesivo formalismo na licitación pública evitando, na medida do posible, excluír a licitadores por cuestiones formais, respectando, á súa vez, os principios de igualdade de trato aos candidatos e transparencia no procedemento. A prohibición de alteración da oferta xa formulada supón unha defensa do principio de igualdade entre os licitadores, evitando estrataxemas irregulares que prexudiquen aos restantes participantes na licitación. No caso non se observa vulneración desa igualdade. | Descargar ficheiro |
| 0131/2018 | 0144/2018 | 20-12-2018 | Estima | Contrato de subministración | Exclusión | O TACGal xa se pronunciou en numerosas ocasións contrario a un excesivo formalismo na licitación pública evitando, na medida do posible, excluír a licitadores por cuestiones formais, respectando, á súa vez, os principios de igualdade de trato aos candidatos e transparencia no procedemento. A prohibición de alteración da oferta xa formulada supón unha defensa do principio de igualdade entre os licitadores, evitando estrataxemas irregulares que prexudiquen aos restantes participantes na licitación. No caso non se observa vulneración desa igualdade. | Descargar ficheiro |
| 0130/2018 | 0150/2018 | 17-12-2018 | Inadmite | Contrato de servizos | Pregos | Recoñecemento polo órgano de contratación das pretensións do recurso, que produce a desaparición do seu obxecto. | Descargar ficheiro |
| 0129/2018 | 0146/2018 | 17-12-2018 | Inadmite | Contrato de servizos | Acto trámite non cualificado | O resolto pola mesa de contratación, no sentido de propoñer a adxudicación , non é de por si un acto que produza indefensión ou prexuízo irreparable aos dereitos e intereses lexítimos, pois é só unha proposta que require dunha ulterior decisión do órgano de contratación. | Descargar ficheiro |
| 0128/2018 | 0143/2018 | 17-12-2018 | Desestima | Contrato de servizos | Adxudicación | Non se argumentan, nin comproba polo TACGal, erros ou incongruencias manifestas na puntuación concedida respecto ás explicacións contidas no informe, nin de estas con relación ao contido dos pregos, máis alá da propia discrepancia do recorrente. Discrecionalidade técnica. | Descargar ficheiro |
| 0127/2018 | 0142/2018 | 13-12-2018 | Inadmite | Contrato de servizos | Pregos | Falta de lexitimación. Non cabe unha mera acción de defensa da legalidade, e non se aporta a vinculación entre a posición xurídica do recorrente e a actuación impugnada, tendo en conta a súa non participación nesta licitación. | Descargar ficheiro |
| 0126/2018 | 0141/2018 | 13-12-2018 | Inadmite | Contrato de servizos | Acto trámite non cualificado | É impugnable o resolto polas mesas de contratación cando son estas as que acordan a exclusión, non cando ese acordo recae noutra instancia decisoria e a mesa só traslada unha proposta. | Descargar ficheiro |
| 0125/2018 | 0138/2018 | 13-12-2018 | Inadmite | Contrato de servizos | Adxudicación | A recorrente foi a terceira clasificada, e o recurso presentado diríxese exclusivamente contra a oferta finalmente adxudicataria, sen realizar ningunha consideración sobre a segunda clasificada. | Descargar ficheiro |
| 0124/2018 | 0137/2018 | 13-12-2018 | Estima | Contrato de servizos | Acto trámite cualificado | A licitadora achegou ante o órgano de contratación na súa oferta os elementos necesarios para a súa avaliación, se ben acreditados de xeito formalmente incorrecto segundo a mesa de contratación, polo que cabía unha posible emenda. Anulación da exclusión. | Descargar ficheiro |
| 0123/2018 | 0135/2018 | 13-12-2018 | Estima | Concesión de servizos | Adxudicación | Oferta anormalmente baixa. O recorrente xustificara a viabilidade da súa oferta. Anulación. | Descargar ficheiro |
| 0123/2018 | 0134/2018 | 13-12-2018 | Estima | Concesión de servizos | Adxudicación | Oferta anormalmente baixa. O recorrente xustificara a viabilidade da súa oferta. Anulación. | Descargar ficheiro |
| 0122/2018 | 0133/2018 | 05-12-2018 | Estima parcialmente | Contrato de subministración | Pregos | Prestación principal nos contratos mixtos para o seu réxime normativo. Nulidade da solvencia técnica esixida. | Descargar ficheiro |
Mostrando do 1.741 ao 1.760 de 1.894 resultados