Resolucións

Mostrar    resultados
Nº Resolución
Nº Recurso
Data Resolución
Decisión
Tipo Contrato
Acto Recorrido
Descrición Arquivo
0146/2019 0151/2019 17-06-2019 Estima Contrato de subministración Exclusión Segundo o art. 128.1 LCSP deben ser aceptados certificados doutros organismos de avaliación equivalentes. Exclusión improcedente. Anulación da adxudicación e da exclusión con retroaccións das actuacións ao momento anterior a esa exclusión, debendo continuar e manter a validez dos trámites correspondentes. Descargar ficheiro
0145/2019 0149/2019 17-06-2019 Desestima Contrato de servizos Exclusión A recorrente non acreditou a solvencia exixida nos pregos. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0144/2019 0147/2019 17-06-2019 Desestima Contrato de servizos Adxudicación Recurso con xenéricas alegacións contra a adxudicación. Motivación suficiente da adxudicación mediante extenso informe técnico. Descargar ficheiro
0143/2019 0141/2019 13-06-2019 Desestima Contrato de subministración Exclusión Expresándose polo órgano de contratación o incumprimento pola oferta do recorrente dun criterio técnico recollido no PPT, as alegacións do recorrente non desvirtúan ese motivo de exclusión, nin se mostra a este Tribunal que o mesmo non sexa conforme cos documentos da licitación. Descargar ficheiro
0142/2019 0156/2019 11-06-2019 Desestima Contrato de servizos Pregos Respecto do persoal mínimo esixido, o PPT explica que a expresión “equivalente” abrangue a todas as titulacións que na súa formación curricular inclúan como materia específica as estradas e vías de comunicación e cálculo de estruturas. Inexistencia de irregularidade nos pregos. Descargar ficheiro
0141/2019 0152/2019 11-06-2019 Desestima Contrato de servizos Exclusión O persoal ofertado non acada o perfil esixido nos pregos. As condicións e esixencias nesta contratación a este respecto eran coñecidas para calquera licitador sendo as mesmas firmes e consentidas e, polo tanto, lex contractus de obrigado seguimento tanto para o licitador como incluso para o órgano de contratación, todo o cal obriga a rexeitar o recurso. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0140/2019 0148/2019 11-06-2019 Desestima Contrato de servizos Exclusión Insuficiente xustificación da viabilidade da oferta anormal. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0139/2019 0146/2019 11-06-2019 Desestima Contrato de servizos Pregos Constando nos pregos a necesaria desagregación no orzamento e non aportándose polo recorrente cálculos que desvirtúen a discrecionalidade técnica que corresponde neste aspecto ao órgano de contratación, non se pode concluír que o orzamento non estea axustado a prezos de mercado ou que a prestación sexa inviable. Descargar ficheiro
0138/2019 0143/2019 11-06-2019 Inadmite Contrato de subministración Adxudicación Desistencia do órgano de contratación. Carencia sobrevida do obxecto do recurso. Descargar ficheiro
0137/2019 0142/2019 11-06-2019 Desestima Contrato de servizos Adxudicación Inexistencia de erro ou arbitrariedade na avaliación do órgano de contratación. Discrecionalidade técnica. Motivación suficiente. Descargar ficheiro
0136/2019 0138/2019 11-06-2019 Desestima Contrato de servizos Pregos Inexistencia de arbitrariedade nas condicións técnicas. Discrecionalidade técnica. Forma de presentación das ofertas. Descargar ficheiro
0135/2019 0140/2019 11-06-2019 Desestima Contrato de servizos Adxudicación Xustificación da oferta anormal segundo art. 149 LCSP. Descargar ficheiro
0135/2019 0133/2019 11-06-2019 Desestima Contrato de servizos Adxudicación Xustificación da oferta anormal segundo art. 149 LCSP. Descargar ficheiro
0134/2019 0145/2019 06-06-2019 Inadmite Contrato de servizos Pregos A desistencia do órgano de contratación, publicada no perfil, é anterior á interposición do recurso. Temeridade. MULTA. Descargar ficheiro
0133/2019 0144/2019 06-06-2019 Inadmite Contrato de servizos Pregos O sindicato carece de lexitimación cando invoca vulneración do art. 145.4 LCSP. Inadmisión. Descargar ficheiro
0132/2019 0139/2019 06-06-2019 Desestima Contrato de servizos Adxudicación A oferta da adxudicataria era correcta. Descargar ficheiro
0131/2019 0130/2019 06-06-2019 Estima Contrato de subministración Adxudicación A oferta adxudicataria non se axusta aos pregos, lex contractus. Anulación da adxudicación e retroacción, con exclusión da oferta adxudicataria. Descargar ficheiro
0130/2019 0137/2019 04-06-2019 Inadmite Contrato de subministración Pregos A licitación non acada o limiar de valor estimado para recurso especial. Descargar ficheiro
0129/2019 0131/2019 04-06-2019 Desestima Contrato de subministración Adxudicación Discrecionalidade técnica. Os argumentos do recorrente non destrúen a presunción iuris tantum de certeza e acerto da valoración do órgano de contratación. Inexistencia de erro ou arbitrariedade. Descargar ficheiro
0128/2019 0129/2019 04-06-2019 Desestima Contrato de servizos Adxudicación Inexistencia de erro ou arbitrariedade na valoración da oferta do recorrente. Presunción iuris tantum de certeza e acerto na valoración do órgano de contratación. Descargar ficheiro
Mostrando do 1.581 ao 1.600 de 1.894 resultados