Saltar ao contido principal
Resolucións
Las
resoluciones en castellano son traducciones del original, en
gallego, que es el texto prevalente en caso de discrepancias
Mostrar resultados
| Nº Resolución | Nº Recurso | Data Resolución | Decisión | Tipo Contrato | Acto Recorrido | Descrición | Arquivo |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 0087/2018 | 0094/2018 | 08-10-2018 | Estima | Contrato de subministración | Exclusión | Oferta presentada en oficina de rexistro baseándose en anuncio da contratación. Admisión. De quererse establecer un único rexistro a estes efectos debía facerse constar expresamente non só nos pregos, senón tamén no anuncio de licitación, e dunha forma clara. | Descargar ficheiro |
| 0086/2018 | 0093/2018 | 01-10-2018 | Inadmite | Contrato de subministración | Pregos | Falta de acreditación da representación da persoa que comparece na interposición do recurso e do obxecto social da empresa para a súa lexitimación, tras ofrecemento de emenda. Interposición extemporánea do recurso especial. | Descargar ficheiro |
| 0084/2018 | 0091/2018 | 27-09-2018 | Inadmite | Contrato de subministración | Pregos | Falta de acreditación da representación da persoa que comparece na interposición do recurso e do obxecto social da empresa para a súa lexitimación, tras ofrecemento de emenda. Interposición extemporánea do recurso especial. | Descargar ficheiro |
| 0079/2018 | 0085/2018 | 27-09-2018 | Estima parcialmente | Contrato de subministración | Exclusión | Falta de motivación na exclusión. Retroacción do procedemento para avaliación e motivación da exclusión. | Descargar ficheiro |
| 0078/2018 | 0084/2018 | 24-09-2018 | Desestima | Contrato de subministración | Adxudicación | Réxime do axuste das ofertas aos pregos a efectos da súa exclusión. Proporcionalidade. | Descargar ficheiro |
| 0077/2018 | 0082/2018 | 24-09-2018 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | Inadmisibilidade dunha impugnación aos pregos por quen xa aceptou o seu contido presentándose á licitación. Non nos atopamos ante un incumprimento pola oferta do recorrente das esixencias previstas nos pregos que determine a consecuencia da exclusión do licitador, senón ante unha oferta que foi valorada, se ben a puntuación obtida no procedemento impídelle continuar. Discrecionalidade técnica. | Descargar ficheiro |
| 0065/2018 | 0076/2018 | 31-08-2018 | Desestima | Contrato de subministración | Adxudicación | Discrecionalidade técnica. Diferenzas coa valoración nunha licitación anterior. | Descargar ficheiro |
| 0062/2018 | 0070/2018 | 31-08-2018 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | Discrecionalidade técnica. Unicamente cando o incumprimento sexa palpable, de modo que non caiba dúbida ningunha de que a oferta non é congruente ou se opón abertamente ás prescricións técnicas contidas no prego, procede a exclusión. | Descargar ficheiro |
| 0053/2018 | 0046/2018 | 02-08-2018 | Desestima | Contrato de subministración | Adxudicación | Inexistencia de baixa anormal. Renuncia ao beneficio económico. Aportacións documentais para xustificar a baixa. Diferenzas entre a valoración das baixas e os criterios de adxudicación. Acceso á documentación doutra licitación. | Descargar ficheiro |
| 0052/2018 | 0055/2018 | 23-07-2018 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | Oferta para a subministración de medicamentos. Operatividade na licitación da dedución prevista nos Reais Decretos-leis 8/2010 e 9/2011. | Descargar ficheiro |
| 0051/2018 | 0054/2018 | 23-07-2018 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | Non acreditou a solvencia técnica segundo os pregos. O recorrente coñecía como se debía presentar. | Descargar ficheiro |
| 0119/2026 | 0100/2026 | 22-05-2026 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | A oferta do recorrente non cumpre o exixido nos pregos. Exclusión procedente. | Descargar ficheiro |
| 0049/2018 | 0056/2018 | 20-07-2018 | Estima | Contrato de servizos | Exclusión | Exclusión improcedente. Non se pode excluír por seguir a liña marcada no prego para acadar mellor valoración. Inexistencia de imposibilidade de cumprimento. | Descargar ficheiro |
| 0048/2018 | 0052/2018 | 20-07-2018 | Desestima | Contrato de servizos | Exclusión | A oferta non se axusta aos pregos. Exclusión procedente. | Descargar ficheiro |
| 0046/2018 | 0050/2018 | 12-07-2018 | Estima | Contrato de servizos | Pregos | Orzamento da licitación erroneamente calculado. LCSP 9/2017. Non é válida unha mera traslación dos importes da licitación previa. | Descargar ficheiro |
| 0045/2018 | 0053/2018 | 10-07-2018 | Estima | Contrato de servizos | Exclusión | Cláusulas sociais na licitación. Oferta viable e baixas. Custos laborais. Anulación da exclusión. | Descargar ficheiro |
| 0044/2018 | 0048/2018 | 10-07-2018 | Estima parcialmente | Contrato de servizos | Adxudicación | Acceso ao expediente. Avocación incompleta. Anulabilidade. Retroacción. | Descargar ficheiro |
| 0042/2018 | 0042/2018 | 05-07-2018 | Desestima | Contrato de servizos | Exclusión | Oferta non axustada aos pregos. Non inclúe o persoal mínimo esixido. Inexistencia de escuridade nos pregos. | Descargar ficheiro |
| 0038/2018 | 0043/2018 | 02-07-2018 | Desestima | Contrato de servizos | Exclusión | Non achegou DEUC asinado. Requirimento de enmenda non atendido. Exclusión procedente. | Descargar ficheiro |
| 0037/2018 | 0040/2018 | 02-07-2018 | Estima | Contrato de servizos | Adxudicación | A oferta do adxudicatario non se axusta aos prego de prescricións técnicas. Necesidade dunha nova adxudicación. | Descargar ficheiro |
Mostrando do 541 ao 560 de 2.027 resultados