Saltar ao contido principal
Resolucións
Las
resoluciones en castellano son traducciones del original, en
gallego, que es el texto prevalente en caso de discrepancias
Mostrar resultados
| Nº Resolución | Nº Recurso | Data Resolución | Decisión | Tipo Contrato | Acto Recorrido | Descrición | Arquivo |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 0063/2019 | 0065/2019 | 22-03-2019 | Inadmite | Contrato de subministración | Pregos | Non cabe unha acción baseada no mero interese da legalidade. Falta de lexitimación. | Descargar ficheiro |
| 0062/2019 | 0063/2019 | 20-03-2019 | Inadmite | Contrato de subministración | Non susceptible de recurso especial | A clasificación de ofertas e o informe técnico de valoración non son susceptibles de recurso especial, art. 44.2.b. | Descargar ficheiro |
| 0057/2019 | 0049/2019 | 15-03-2019 | Estima parcialmente | Contrato de subministración | Exclusión | Erro relevante na notificación da exclusión. Retroacción do procedemento para que se analice se o lote ofertado se axusta ao exixido no PPT, se acorde o que proceda e se notifique oportunamente, con conservación dos trámites non afectados. | Descargar ficheiro |
| 0056/2019 | 0047/2019 | 15-03-2019 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | A oferta do recorrente non cumpre o PPT. | Descargar ficheiro |
| 0055/2019 | 0045/2019 | 15-03-2019 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | O recorrente directamente introduciu no seu sobre B o certificado a valorar no sobre C. Creba do segredo das proposicións no proceso de valoración. | Descargar ficheiro |
| 0054/2019 | 0046/2019 | 13-03-2019 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | A oferta do recorrente non cumpre o PPT. O recurso especial non se pode transformar nun trámite para modificar a súa oferta. | Descargar ficheiro |
| 0053/2019 | 0055/2019 | 11-03-2019 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | Contratación electrónica. O recorrente non xuntou a documentación establecida nos pregos. Non constan impedimentos técnicos. | Descargar ficheiro |
| 0045/2019 | 0034/2019 | 19-02-2019 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | Emenda insuficiente do DEUC respecto da solvencia técnica exixida no PCAP. Non proceden máis posibilidades de emenda. En vía de recurso especial non se acepta completar os defectos da oferta. É responsabilidade do recorrente a axeitada configuración da súa proposta. Exclusión procedente. | Descargar ficheiro |
| 0044/2019 | 0030/2019 | 18-02-2019 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | A oferta do recorrente non cumpre o PPT. O recurso especial non se pode transformar nun trámite para modificar a súa oferta. Exclusión procedente. | Descargar ficheiro |
| 0035/2019 | 0032/2019 | 07-02-2019 | Inadmite | Contrato de subministración | Non susceptible de recurso especial | Impugnación de prórroga polo actual adxudicatario do contrato. O acto impugnado non é susceptible de recurso especial. | Descargar ficheiro |
| 0033/2019 | 0016/2019 | 07-02-2019 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | A oferta do recorrente incumpre o requirido nos pregos. A correcta configuración da oferta é responsabilidade do licitador. Se na proposición do licitador aparecen datos concretos de incumprimento do esixido, non cabe defender a validez da mesma en base a mencións xenéricas de axuste. Exclusión procedente. | Descargar ficheiro |
| 0031/2019 | 0019/2019 | 04-02-2019 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | A oferta do recorrente incumpre o requirido nos PPT. Exclusión procedente. | Descargar ficheiro |
| 0027/2019 | 0015/2019 | 01-02-2019 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | A oferta non se axusta ao PPT. Pretensión de modificar a oferta, en vía de recurso, con nova documentación. Exclusión procedente. | Descargar ficheiro |
| 0018/2019 | 0006/2019 | 24-01-2019 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | A oferta presentada contaba cunha enquisa técnica, aportada e cumprimentada pola recorrente, onde esta sinalou características incompatibles co prego técnico, polo que sendo a correcta configuración da proposición a súa responsabilidade, procedía a exclusión decretada sen que o recurso especial e o que nel se aporte se poida transformar nun trámite para modificar a oferta cumprimentada e presentada por este licitador. | Descargar ficheiro |
| 0017/2019 | 0158/2018 | 24-01-2019 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | A oferta do recorrente non acadou a puntuación establecida como mínima para continuar na contratación. Exclusión procedente. | Descargar ficheiro |
| 0006/2019 | 0155/2018 | 14-01-2019 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | A recorrente non acadou a puntuación mínima no lote ofertado, polo que procede a súa exclusión. Exclusión conforme a pregos. | Descargar ficheiro |
| 0002/2019 | 0148/2018 | 03-01-2019 | Desestima | Contrato de subministración | Adxudicación | Discrecionalidade técnica. Ao tratarse de aspectos que se avalían con criterios estritamente técnicos, o TACGal non pode corrixilos aplicando criterios xurídicos, sen prexuízo de que poidan ser obxecto de análise cuestións formais da valoración, como as normas de competencia ou de procedemento, por exemplo, ou a análise de se na valoración se aplicaron criterios arbitrarios ou discriminatorios, ou omisións ou erros materiais ao efectuala. Fóra destes aspectos, o Tribunal debe respectar os resultados de devandita valoración. | Descargar ficheiro |
| 0122/2018 | 0133/2018 | 05-12-2018 | Estima parcialmente | Contrato de subministración | Pregos | Prestación principal nos contratos mixtos para o seu réxime normativo. Nulidade da solvencia técnica esixida. | Descargar ficheiro |
| 0121/2018 | 0132/2018 | 05-12-2018 | Desestima | Contrato de subministración | Adxudicación | Ao tratarse de aspectos que se avalían con criterios estritamente técnicos, o Tribunal non pode corrixilos aplicando criterios xurídicos. | Descargar ficheiro |
| 0110/2018 | 0118/2018 | 27-11-2018 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | Non cabe unha esaxerada interpretación do sentido propio das palabras dos pregos ata o punto de argumentar unha posible escuridade que non é tal. A oferta do recorrente non se axusta aos pregos. Inexistencia de escuridade. Discrecionalidade técnica. Exclusión procedente. | Descargar ficheiro |
Mostrando do 521 ao 540 de 2.067 resultados