Resolucións

Mostrar    resultados
Nº Resolución Nº Recurso Data Resolución Decisión Tipo Contrato Acto Recorrido Descrición Arquivo
0045/2019 0034/2019 19-02-2019 Desestima Contrato de subministración Exclusión Emenda insuficiente do DEUC respecto da solvencia técnica exixida no PCAP. Non proceden máis posibilidades de emenda. En vía de recurso especial non se acepta completar os defectos da oferta. É responsabilidade do recorrente a axeitada configuración da súa proposta. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0044/2019 0030/2019 18-02-2019 Desestima Contrato de subministración Exclusión A oferta do recorrente non cumpre o PPT. O recurso especial non se pode transformar nun trámite para modificar a súa oferta. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0039/2019 0033/2019 14-02-2019 Desestima Contrato de servizos Exclusión A recorrente inseriu a listaxe de cursos de formación no sobre B, anticipando unha información que debía estar no sobre C. Vulneración do secreto da oferta que pode influír na valoración. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0033/2019 0016/2019 07-02-2019 Desestima Contrato de subministración Exclusión A oferta do recorrente incumpre o requirido nos pregos. A correcta configuración da oferta é responsabilidade do licitador. Se na proposición do licitador aparecen datos concretos de incumprimento do esixido, non cabe defender a validez da mesma en base a mencións xenéricas de axuste. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0031/2019 0019/2019 04-02-2019 Desestima Contrato de subministración Exclusión A oferta do recorrente incumpre o requirido nos PPT. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0027/2019 0015/2019 01-02-2019 Desestima Contrato de subministración Exclusión A oferta non se axusta ao PPT. Pretensión de modificar a oferta, en vía de recurso, con nova documentación. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0018/2019 0006/2019 24-01-2019 Desestima Contrato de subministración Exclusión A oferta presentada contaba cunha enquisa técnica, aportada e cumprimentada pola recorrente, onde esta sinalou características incompatibles co prego técnico, polo que sendo a correcta configuración da proposición a súa responsabilidade, procedía a exclusión decretada sen que o recurso especial e o que nel se aporte se poida transformar nun trámite para modificar a oferta cumprimentada e presentada por este licitador. Descargar ficheiro
0017/2019 0158/2018 24-01-2019 Desestima Contrato de subministración Exclusión A oferta do recorrente non acadou a puntuación establecida como mínima para continuar na contratación. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0016/2019 0011/2019 18-01-2019 Inadmite Contrato de servizos Exclusión Participante excluído. Exclusión impugnada e confirmada por este TACGal sen impugnación ulterior. Inexistencia de lexitimación. Descargar ficheiro
0006/2019 0155/2018 14-01-2019 Desestima Contrato de subministración Exclusión A recorrente non acadou a puntuación mínima no lote ofertado, polo que procede a súa exclusión. Exclusión conforme a pregos. Descargar ficheiro
0003/2019 0151/2018 03-01-2019 Desestima Contrato de servizos Exclusión A oferta carece de un dos requisitos esixidos, polo que procede a súa exclusión. Non estamos perante un mero defecto formal na proposición do licitador que caiba ser formalmente emendado sen afectación aos principios de igualdade e de inmutabilidade da oferta, senón no suposto onde a oferta, tal como foi presentada, carece dun dos requisitos esixidos. Descargar ficheiro
0119/2018 0129/2018 04-12-2018 Desestima Concesión de servizos Exclusión Se un licitador ao configurar a súa oferta técnica ofrece un determinado número de persoal a adscribir ao contrato obxecto da concesión, ese persoal debe ter un reflexo económico. Descargar ficheiro
0115/2018 0121/2018 30-11-2018 Estima Contrato de servizos Exclusión A cita da matrícula do vehículo no sobre A non era, neste caso, anticipación de información da súa antigüidade, do sobre B. Exclusión improcedente. Anulación da exclusión. Descargar ficheiro
0110/2018 0118/2018 27-11-2018 Desestima Contrato de subministración Exclusión Non cabe unha esaxerada interpretación do sentido propio das palabras dos pregos ata o punto de argumentar unha posible escuridade que non é tal. A oferta do recorrente non se axusta aos pregos. Inexistencia de escuridade. Discrecionalidade técnica. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0104/2018 0112/2018 15-11-2018 Desestima Contrato de servizos Exclusión Licitación electrónica. Dobre presentación da oferta na Plataforma. Non se traslada erro ou mal funcionamento da mesma. Non é óbice a alegación de que ambas presentacións eran iguais. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0102/2018 0111/2018 08-11-2018 Desestima Contrato de subministración Exclusión Non é admisible nin unha ampliación do prazo, nin unha emenda do xa emendado. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0097/2018 0106/2018 25-10-2018 Desestima Contrato de subministración Exclusión Na información do recurso especial procede indicar a posibilidade de presentación no TACGal. A oferta non cumpre as condicións técnicas previstas nos pregos. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0095/2018 0108/2018 22-10-2018 Inadmite Contrato de subministración Exclusión O valor estimado da subministración non acada o limiar susceptible de recurso especial. Descargar ficheiro
0092/2018 0100/2018 19-10-2018 Desestima Contrato de subministración Exclusión Falta de dilixencia na elaboración da oferta. Adiantar no sobre B información do sobre C. Incumprimento do PPT. A interposición do recurso especial non é momento de achegar documentos propios da oferta. Descargar ficheiro
0087/2018 0094/2018 08-10-2018 Estima Contrato de subministración Exclusión Oferta presentada en oficina de rexistro baseándose en anuncio da contratación. Admisión. De quererse establecer un único rexistro a estes efectos debía facerse constar expresamente non só nos pregos, senón tamén no anuncio de licitación, e dunha forma clara. Descargar ficheiro
Mostrando do 1.221 ao 1.240 de 1.991 resultados