Resolucións

Mostrar    resultados
Nº Resolución Nº Recurso Data Resolución Decisión Tipo Contrato Acto Recorrido Descrición Arquivo
0016/2019 0011/2019 18-01-2019 Inadmite Contrato de servizos Exclusión Participante excluído. Exclusión impugnada e confirmada por este TACGal sen impugnación ulterior. Inexistencia de lexitimación. Descargar ficheiro
0006/2019 0155/2018 14-01-2019 Desestima Contrato de subministración Exclusión A recorrente non acadou a puntuación mínima no lote ofertado, polo que procede a súa exclusión. Exclusión conforme a pregos. Descargar ficheiro
0003/2019 0151/2018 03-01-2019 Desestima Contrato de servizos Exclusión A oferta carece de un dos requisitos esixidos, polo que procede a súa exclusión. Non estamos perante un mero defecto formal na proposición do licitador que caiba ser formalmente emendado sen afectación aos principios de igualdade e de inmutabilidade da oferta, senón no suposto onde a oferta, tal como foi presentada, carece dun dos requisitos esixidos. Descargar ficheiro
0119/2018 0129/2018 04-12-2018 Desestima Concesión de servizos Exclusión Se un licitador ao configurar a súa oferta técnica ofrece un determinado número de persoal a adscribir ao contrato obxecto da concesión, ese persoal debe ter un reflexo económico. Descargar ficheiro
0115/2018 0121/2018 30-11-2018 Estima Contrato de servizos Exclusión A cita da matrícula do vehículo no sobre A non era, neste caso, anticipación de información da súa antigüidade, do sobre B. Exclusión improcedente. Anulación da exclusión. Descargar ficheiro
0110/2018 0118/2018 27-11-2018 Desestima Contrato de subministración Exclusión Non cabe unha esaxerada interpretación do sentido propio das palabras dos pregos ata o punto de argumentar unha posible escuridade que non é tal. A oferta do recorrente non se axusta aos pregos. Inexistencia de escuridade. Discrecionalidade técnica. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0104/2018 0112/2018 15-11-2018 Desestima Contrato de servizos Exclusión Licitación electrónica. Dobre presentación da oferta na Plataforma. Non se traslada erro ou mal funcionamento da mesma. Non é óbice a alegación de que ambas presentacións eran iguais. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0102/2018 0111/2018 08-11-2018 Desestima Contrato de subministración Exclusión Non é admisible nin unha ampliación do prazo, nin unha emenda do xa emendado. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0097/2018 0106/2018 25-10-2018 Desestima Contrato de subministración Exclusión Na información do recurso especial procede indicar a posibilidade de presentación no TACGal. A oferta non cumpre as condicións técnicas previstas nos pregos. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0095/2018 0108/2018 22-10-2018 Inadmite Contrato de subministración Exclusión O valor estimado da subministración non acada o limiar susceptible de recurso especial. Descargar ficheiro
0092/2018 0100/2018 19-10-2018 Desestima Contrato de subministración Exclusión Falta de dilixencia na elaboración da oferta. Adiantar no sobre B información do sobre C. Incumprimento do PPT. A interposición do recurso especial non é momento de achegar documentos propios da oferta. Descargar ficheiro
0087/2018 0094/2018 08-10-2018 Estima Contrato de subministración Exclusión Oferta presentada en oficina de rexistro baseándose en anuncio da contratación. Admisión. De quererse establecer un único rexistro a estes efectos debía facerse constar expresamente non só nos pregos, senón tamén no anuncio de licitación, e dunha forma clara. Descargar ficheiro
0082/2018 0089/2018 27-09-2018 Desestima Contrato de servizos Exclusión Exclusión motivada e conforme a dereito da oferta que expresa un prezo superior ao fixado nos pregos. Descargar ficheiro
0079/2018 0085/2018 27-09-2018 Estima parcialmente Contrato de subministración Exclusión Falta de motivación na exclusión. Retroacción do procedemento para avaliación e motivación da exclusión. Descargar ficheiro
0077/2018 0082/2018 24-09-2018 Desestima Contrato de subministración Exclusión Inadmisibilidade dunha impugnación aos pregos por quen xa aceptou o seu contido presentándose á licitación. Non nos atopamos ante un incumprimento pola oferta do recorrente das esixencias previstas nos pregos que determine a consecuencia da exclusión do licitador, senón ante unha oferta que foi valorada, se ben a puntuación obtida no procedemento impídelle continuar. Discrecionalidade técnica. Descargar ficheiro
0064/2018 0075/2018 31-08-2018 Desestima Contrato de servizos Exclusión Vinculación á solvencia presentada coa declaración responsable. Momento de ter a solvencia, na data final de presentación das ofertas. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0062/2018 0070/2018 31-08-2018 Desestima Contrato de subministración Exclusión Discrecionalidade técnica. Unicamente cando o incumprimento sexa palpable, de modo que non caiba dúbida ningunha de que a oferta non é congruente ou se opón abertamente ás prescricións técnicas contidas no prego, procede a exclusión. Descargar ficheiro
0060/2018 0064/2018 08-08-2018 Desestima Contrato de servizos Exclusión Garantía extemporaneamente constituída. Exclusión procedente. A garantía debe estar ingresada na conta do órgano antes de finalizar o prazo. Non basta con ordenar a transferencia dentro dese prazo. Improcedencia da emenda. Dilixencia do licitador. Descargar ficheiro
0052/2018 0055/2018 23-07-2018 Desestima Contrato de subministración Exclusión Oferta para a subministración de medicamentos. Operatividade na licitación da dedución prevista nos Reais Decretos-leis 8/2010 e 9/2011. Descargar ficheiro
0051/2018 0054/2018 23-07-2018 Desestima Contrato de subministración Exclusión Non acreditou a solvencia técnica segundo os pregos. O recorrente coñecía como se debía presentar. Descargar ficheiro
Mostrando do 1.281 ao 1.300 de 2.067 resultados