Saltar ao contido principal
Resolucións
Las
resoluciones en castellano son traducciones del original, en
gallego, que es el texto prevalente en caso de discrepancias
Mostrar resultados
| Nº Resolución | Nº Recurso | Data Resolución | Decisión | Tipo Contrato | Acto Recorrido | Descrición | Arquivo |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 0010/2019 | 0161/2018 | 14-01-2019 | Estima | Contrato de servizos | Pregos | O órgano de contratación ten o deber de desglosar o orzamento da licitación segundo art.100 LCSP. Anulación. | Descargar ficheiro |
| 0009/2019 | 0160/2018 | 14-01-2019 | Estima | Contrato de servizos | Adxudicación | Emenda na solvencia técnica e profesional segundo art. 150 LCSP. Anulación do acordo de adxudicación con retroacción do procedemento. | Descargar ficheiro |
| 0008/2019 | 0159/2018 | 14-01-2019 | Inadmite | Contrato de servizos | Pregos | Non consta que a totalidade dos integrantes do grupo municipal votasen en contra do acto recorrido. Falta de lexitimación do grupo municipal. | Descargar ficheiro |
| 0007/2019 | 0157/2018 | 14-01-2019 | Inadmite | Contrato de servizos | Pregos | Falta de lexitimación da agrupación política. Mera defensa da legalidade. | Descargar ficheiro |
| 0005/2019 | 0154/2018 | 14-01-2019 | Desestima | Contrato de servizos | Adxudicación | Acceso ao expediente. O recorrente limitou ante o órgano de contratación a súa petición de acceso a aspectos concretos da documentación, polo que non cabería xa ampliar neste momento ese acceso a aspectos diferentes dos solicitados previamente. A exclusión dun licitador pola inclusión indebida de documentación en sobre distinto ao que lle correspondería non é un criterio absoluto. A adxudicataria non anticipou información avaliable como criterio automático. | Descargar ficheiro |
| 0004/2019 | 0153/2018 | 03-01-2019 | Inadmite | Contrato de servizos | Pregos | Dies a quo para recorrer os pregos. O artigo 50.1.b) expresa que é dende o día seguinte ao que se publicara o anuncio de licitación no perfil do contratante, sempre que se indicara o acceso aos pregos. Interposición extemporánea do recurso. | Descargar ficheiro |
| 0003/2019 | 0151/2018 | 03-01-2019 | Desestima | Contrato de servizos | Exclusión | A oferta carece de un dos requisitos esixidos, polo que procede a súa exclusión. Non estamos perante un mero defecto formal na proposición do licitador que caiba ser formalmente emendado sen afectación aos principios de igualdade e de inmutabilidade da oferta, senón no suposto onde a oferta, tal como foi presentada, carece dun dos requisitos esixidos. | Descargar ficheiro |
| 0133/2018 | 0139/2018 | 27-12-2018 | Estima | Contrato de servizos | Pregos | Admisión do recurso especial contra pregos, de quen presentou a oferta á licitación. A existencia da obriga para a nova empresa adxudicataria de proceder á subrogación deriva do establecido no convenio colectivo, sendo o nacemento desa obriga independente do concreto procedemento administrativo seguido para a precedente adxudicación. Falta de información polo órgano de contratación sobre as condicións da subrogación. Incumprimento do artigo 130 da LCSP. Retroacción do procedemento ao momento anterior a aprobación dos pregos. | Descargar ficheiro |
| 0130/2018 | 0150/2018 | 17-12-2018 | Inadmite | Contrato de servizos | Pregos | Recoñecemento polo órgano de contratación das pretensións do recurso, que produce a desaparición do seu obxecto. | Descargar ficheiro |
| 0129/2018 | 0146/2018 | 17-12-2018 | Inadmite | Contrato de servizos | Acto trámite non cualificado | O resolto pola mesa de contratación, no sentido de propoñer a adxudicación , non é de por si un acto que produza indefensión ou prexuízo irreparable aos dereitos e intereses lexítimos, pois é só unha proposta que require dunha ulterior decisión do órgano de contratación. | Descargar ficheiro |
| 0128/2018 | 0143/2018 | 17-12-2018 | Desestima | Contrato de servizos | Adxudicación | Non se argumentan, nin comproba polo TACGal, erros ou incongruencias manifestas na puntuación concedida respecto ás explicacións contidas no informe, nin de estas con relación ao contido dos pregos, máis alá da propia discrepancia do recorrente. Discrecionalidade técnica. | Descargar ficheiro |
| 0127/2018 | 0142/2018 | 13-12-2018 | Inadmite | Contrato de servizos | Pregos | Falta de lexitimación. Non cabe unha mera acción de defensa da legalidade, e non se aporta a vinculación entre a posición xurídica do recorrente e a actuación impugnada, tendo en conta a súa non participación nesta licitación. | Descargar ficheiro |
| 0126/2018 | 0141/2018 | 13-12-2018 | Inadmite | Contrato de servizos | Acto trámite non cualificado | É impugnable o resolto polas mesas de contratación cando son estas as que acordan a exclusión, non cando ese acordo recae noutra instancia decisoria e a mesa só traslada unha proposta. | Descargar ficheiro |
| 0125/2018 | 0138/2018 | 13-12-2018 | Inadmite | Contrato de servizos | Adxudicación | A recorrente foi a terceira clasificada, e o recurso presentado diríxese exclusivamente contra a oferta finalmente adxudicataria, sen realizar ningunha consideración sobre a segunda clasificada. | Descargar ficheiro |
| 0124/2018 | 0137/2018 | 13-12-2018 | Estima | Contrato de servizos | Acto trámite cualificado | A licitadora achegou ante o órgano de contratación na súa oferta os elementos necesarios para a súa avaliación, se ben acreditados de xeito formalmente incorrecto segundo a mesa de contratación, polo que cabía unha posible emenda. Anulación da exclusión. | Descargar ficheiro |
| 0117/2018 | 0136/2018 | 30-11-2018 | Inadmite | Contrato de servizos | Pregos | Desistencia do órgano de contratación por erro non emendable nos pregos. Carencia sobrevida do obxecto do recurso. | Descargar ficheiro |
| 0115/2018 | 0121/2018 | 30-11-2018 | Estima | Contrato de servizos | Exclusión | A cita da matrícula do vehículo no sobre A non era, neste caso, anticipación de información da súa antigüidade, do sobre B. Exclusión improcedente. Anulación da exclusión. | Descargar ficheiro |
| 0113/2018 | 0117/2018 | 30-11-2018 | Estima | Contrato de servizos | Adxudicación | O documento da oferta do adxudicatario excedía do número de follas establecidas no prego. Principio de proporcionalidade na cuestión. Exceso cualificado con afectación no caso á igualdade. Necesidade de excluír ao adxudicatario. | Descargar ficheiro |
| 0112/2018 | 0114/2018 | 30-11-2018 | Estima parcialmente | Contrato de servizos | Adxudicación | Lexitimación do excluído para impugnar a adxudicación, derivada da interposición dun recurso contencioso contra aquela exclusión. Cabía variar a listaxe nominal de pilotos sempre que cumpran as esixencias dos pregos. | Descargar ficheiro |
| 0109/2018 | 0130/2018 | 23-11-2018 | Inadmite | Contrato de servizos | Acto trámite non cualificado | O principio pro actione non pode levar a obviar que determinadas cargas son exclusivas do impugnante, como é a claridade no impugnado, ou a coherencia entre o formalmente designado como acto recorrido e ao que se refire o relato e alegacións do texto do recurso. Inadmisión por insuficiente valor estimado no contrato e por impugnar acto de trámite non cualificado (informe de avaliación). | Descargar ficheiro |
Mostrando do 1.781 ao 1.800 de 1.991 resultados