Resolucións

Mostrar    resultados
Nº Resolución
Nº Recurso
Data Resolución
Decisión
Tipo Contrato
Acto Recorrido
Descrición Arquivo
0052/2019 0043/2019 11-03-2019 Estima parcialmente Contrato de servizos Exclusión Oferta anormal ou desproporcionada. Especificidades no prego en cuestión. Retroacción para que se efectúe requirimento con claridade respecto da viabilidade da oferta do recorrente. Descargar ficheiro
0051/2019 0040/2019 11-03-2019 Desestima Contrato de servizos Adxudicación A recorrente tivo acceso ás partes esenciais da oferta, respectando a confidencialidade. Non se aprecia que exista unha exclusión pola imposibilidade de cumprir os pregos. Valoración axustada a dereito. Descargar ficheiro
0050/2019 0050/2019 04-03-2019 Estima parcialmente Contrato de servizos Pregos Incumprimento das obrigas previstas nos artigos 100 e 101 LCSP, sobre o orzamento da licitación. Descargar ficheiro
0049/2019 0039/2019 28-02-2019 Estima Contrato de servizos Adxudicación Operatividade dun criterio sometido a avaliación automática. Anulación da adxudicación e retroacción do procedemento para a aplicación de tal criterio. Descargar ficheiro
0049/2019 0041/2019 28-02-2019 Estima Contrato de servizos Adxudicación Operatividade dun criterio sometido a avaliación automática. Anulación da adxudicación e retroacción do procedemento para a aplicación de tal criterio. Descargar ficheiro
0048/2019 0044/2019 27-02-2019 Desestima Contrato de servizos Exclusión A oferta supera o número máximo de páxinas sinaladas nos pregos. As regras de extensión da documentación hai que compaxinalas co principio de proporcionalidade en relación ao resto dos principios da contratación, pero sen que isto implique que unha determinación deste tipo non sexa, de por si, relevante. Así, sempre é importante atender ao caso concreto, se ben debemos apuntar que os requisitos de extensión teñen potencialidade de afectación á igualdade de trato dos licitadores, pois os que se acolleron ao que poñían os pregos deberon axustar a súa proposición a esas limitacións, de forma que se non os houbera posiblemente poderían darlle outro contido ás mesmas. Descargar ficheiro
0047/2019 0042/2019 27-02-2019 Estima parcialmente Contrato de servizos Adxudicación Análise insuficiente da viabilidade da oferta adxudicataria impugnada, anormalmente baixa. Nulidade da adxudicación e retroacción do procedemento para nova análise da xustificación desa oferta. Descargar ficheiro
0046/2019 0048/2019 21-02-2019 Inadmite Contrato de servizos Exclusión O valor estimado da licitación non acada o limiar mínimo susceptible de recurso. Descargar ficheiro
0045/2019 0034/2019 19-02-2019 Desestima Contrato de subministración Exclusión Emenda insuficiente do DEUC respecto da solvencia técnica exixida no PCAP. Non proceden máis posibilidades de emenda. En vía de recurso especial non se acepta completar os defectos da oferta. É responsabilidade do recorrente a axeitada configuración da súa proposta. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0044/2019 0030/2019 18-02-2019 Desestima Contrato de subministración Exclusión A oferta do recorrente non cumpre o PPT. O recurso especial non se pode transformar nun trámite para modificar a súa oferta. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0043/2019 0027/2019 18-02-2019 Desestima Contrato de servizos Adxudicación A lexitimación do recorrente é porque un licitador participante nun procedemento de contratación pode impugnar a adxudicación agás que estea definitivamente excluído, condición que, en base a Sentenzas do TXUE, non aparece en quen efectivamente ten impugnada esa exclusión cando recorre a adxudicación, tendo en conta que recorre contra a adxudicación dun competidor que era aquí o único outro licitador que concorría. A situación non sería a mesma entón se esa exclusión non estivera recorrida nese intre. Os precontratos constitúen proba suficiente para acreditar a dispoñibilidade efectiva de medios persoais. Descargar ficheiro
0042/2019 0037/2019 18-02-2019 Inadmite Contrato de subministración Exclusión A xustificación da oferta anormal inclúe unha desagregación dos custos e beneficios do contrato sen que exista xustificación do órgano de contratación que determine a inviabilidade da oferta. Documentación cualificada de incompleta polo órgano de contratación, sen argumentos suficientes. A inadmisión do recurso 37/2019 prodúcese sobrevidamente, por falta de obxecto. Descargar ficheiro
0042/2019 0026/2019 18-02-2019 Estima Contrato de subministración Exclusión A xustificación da oferta anormal inclúe unha desagregación dos custos e beneficios do contrato sen que exista xustificación do órgano de contratación que determine a inviabilidade da oferta. Documentación cualificada de incompleta polo órgano de contratación, sen argumentos suficientes. A inadmisión do recurso 37/2019 prodúcese sobrevidamente, por falta de obxecto. Descargar ficheiro
0041/2019 0036/2019 14-02-2019 Inadmite Concesión de servizos Pregos Natureza de concesión. Máis alá da xenérica alegación a que non existe risco operacional, non se mostran argumentos que permitan desvirtuar a discrecionalidade técnica que lle corresponde ao órgano de contratación á hora de configurar os termos da licitación. O valor estimado da concesión de servizo non acada o limiar previsto para que as concesións accedan ao recurso especial. Interposición extemporánea. Descargar ficheiro
0040/2019 0035/2019 14-02-2019 Estima Contrato de servizos Pregos Orzamento da licitación. Insuficiente cálculo de persoal necesario para prestar o servizo. Forma de presentación das ofertas. Anulación da licitación. Descargar ficheiro
0039/2019 0033/2019 14-02-2019 Desestima Contrato de servizos Exclusión A recorrente inseriu a listaxe de cursos de formación no sobre B, anticipando unha información que debía estar no sobre C. Vulneración do secreto da oferta que pode influír na valoración. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0038/2019 0038/2019 12-02-2019 Inadmite Contrato de servizos Adxudicación A recorrente foi a terceira clasificación na puntuación final. Inexistencia de beneficio coa eventual estimación do recurso que só impugna a oferta adxudicataria. Descargar ficheiro
0037/2019 0029/2019 11-02-2019 Estima parcialmente Contrato de servizos Pregos Orzamento da contratación. O feito de que a memoria económica non fora obxecto da mesma publicidade que os pregos da licitación impide entender a actuación como válida. Lexitimación sindicatos. Anulación dun criterio de adxudicación con incidencia para os traballadores na execución contractual. Descargar ficheiro
0037/2019 0031/2019 11-02-2019 Estima parcialmente Contrato de servizos Pregos Orzamento da contratación. O feito de que a memoria económica non fora obxecto da mesma publicidade que os pregos da licitación impide entender a actuación como válida. Lexitimación sindicatos. Anulación dun criterio de adxudicación con incidencia para os traballadores na execución contractual. Descargar ficheiro
0036/2019 0021/2019 11-02-2019 Inadmite Contrato de servizos Pregos Interposición extemporánea do recurso. Presentación telemática do recurso. Aplícase o precepto específico de cómputo de prazos nos rexistros electrónicos, art. 31.3 Lei 39/2015. Rexe unicamente o calendario de días inhábiles exposto na sede electrónica da Xunta de Galicia. Descargar ficheiro
Mostrando do 1.721 ao 1.740 de 1.928 resultados