Resolucións

Mostrar    resultados
Nº Resolución Nº Recurso Data Resolución Decisión Tipo Contrato Acto Recorrido Descrición Arquivo
0021/2019 0023/2019 28-01-2019 Estima parcialmente Contrato de servizos Pregos Falta de proporcionalidade nos criterios de solvencia. Esixencia de servizos prestados a concellos co dobre de poboación do contratante. Anulación desta previsión. Descargar ficheiro
0026/2019 0022/2019 30-01-2019 Inadmite Concesión de servizos Acto trámite non cualificado A proposta de adxudicación da mesa é un acto de trámite non cualificado. Impúgnase un acto non susceptible de recurso. Inadmisión art. 55.c LCSP. Descargar ficheiro
0036/2019 0021/2019 11-02-2019 Inadmite Contrato de servizos Pregos Interposición extemporánea do recurso. Presentación telemática do recurso. Aplícase o precepto específico de cómputo de prazos nos rexistros electrónicos, art. 31.3 Lei 39/2015. Rexe unicamente o calendario de días inhábiles exposto na sede electrónica da Xunta de Galicia. Descargar ficheiro
0025/2019 0020/2019 30-01-2019 Desestima Contrato de servizos Pregos Expresión “equivalente” na referencia ás titulacións nos pregos. O órgano de contratación recoñece que a titulación de xeólogos resulta incluída e poden formar parte do equipo técnico. Descargar ficheiro
0031/2019 0019/2019 04-02-2019 Desestima Contrato de subministración Exclusión A oferta do recorrente incumpre o requirido nos PPT. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0030/2019 0018/2019 04-02-2019 Inadmite Contrato de servizos Pregos A organización sindical recorrente carece, neste caso, de lexitimación para impugnar a porcentaxe dos criterios relacionados coa calidade, artigo 145.4 LCSP. Inadmisión. Descargar ficheiro
0034/2019 0017/2019 07-02-2019 Desestima Contrato de servizos Adxudicación Innecesariedade de comité de expertos. Emisión de informes de valoración por quen participara na redacción da documentación técnica. Composición da mesa de contratación. Atribución razoada de puntuacións. Discrecionalidade técnica. Descargar ficheiro
0033/2019 0016/2019 07-02-2019 Desestima Contrato de subministración Exclusión A oferta do recorrente incumpre o requirido nos pregos. A correcta configuración da oferta é responsabilidade do licitador. Se na proposición do licitador aparecen datos concretos de incumprimento do esixido, non cabe defender a validez da mesma en base a mencións xenéricas de axuste. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0027/2019 0015/2019 01-02-2019 Desestima Contrato de subministración Exclusión A oferta non se axusta ao PPT. Pretensión de modificar a oferta, en vía de recurso, con nova documentación. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0024/2019 0014/2019 30-01-2019 Desestima Contrato de servizos Adxudicación Pregos consentidos e non impugnados sobre a operatividade dos criterios de adxudicación. Non escuridade. Nos pregos os criterios automáticos superaban aos de xuízo de valor. Innecesariedade comité de expertos. Discrecionalidade técnica na avaliación de criterios. Motivación suficiente da avaliación efectuada. Descargar ficheiro
0023/2019 0013/2019 30-01-2019 Desestima Contrato de subministración Acto trámite cualificado Contratación electrónica. Os licitadores non incorporaron certa documentación esixida, senón unha remisión a enlaces externos. Non é admisible. Incumprimento pregos. Non está garantida a súa inmutabilidade. Exclusións procedentes. Descargar ficheiro
0020/2019 0012/2019 28-01-2019 Estima Contrato de servizos Pregos Incumprimento do art. 100.2 LCSP para xustificación do cálculo do orzamento de licitación. Nulidade parcial do PCAP. Retroacción a momento anterior á aprobación dos pregos. Descargar ficheiro
0016/2019 0011/2019 18-01-2019 Inadmite Contrato de servizos Exclusión Participante excluído. Exclusión impugnada e confirmada por este TACGal sen impugnación ulterior. Inexistencia de lexitimación. Descargar ficheiro
0019/2019 0010/2019 28-01-2019 Inadmite Contrato de servizos Non susceptible de recurso especial Inadmisión. O recurso especial pivota principalmente sobre unha concepción precontractual do mesmo, previo á formalización do contrato, con só excepcións moi concretas. Descargar ficheiro
0015/2019 0009/2019 18-01-2019 Estima Contrato de servizos Pregos O órgano de contratación ten o deber de desglosar o orzamento da licitación segundo art.100 LCSP. Anulación. Descargar ficheiro
0014/2019 0008/2019 18-01-2019 Estima Contrato de servizos Pregos O órgano de contratación ten o deber de desglosar o orzamento da licitación segundo art.100 LCSP. Anulación. Descargar ficheiro
0032/2019 0007/2019 07-02-2019 Estima Contrato de servizos Adxudicación Subcriterios. Atribución non xustificada de puntuacións. Imposibilidade de nova avaliación de criterios sometidos a xuízo de valor con todos os sobres abertos. Nulidade da adxudicación e da licitación. Descargar ficheiro
0018/2019 0006/2019 24-01-2019 Desestima Contrato de subministración Exclusión A oferta presentada contaba cunha enquisa técnica, aportada e cumprimentada pola recorrente, onde esta sinalou características incompatibles co prego técnico, polo que sendo a correcta configuración da proposición a súa responsabilidade, procedía a exclusión decretada sen que o recurso especial e o que nel se aporte se poida transformar nun trámite para modificar a oferta cumprimentada e presentada por este licitador. Descargar ficheiro
0012/2019 0005/2019 16-01-2019 Estima Contrato de servizos Adxudicación Anulación da adxudicación. Vulneración do principio de proposición independente. Exclusión das ofertas vulneradoras de tal principio. Descargar ficheiro
0013/2019 0004/2019 18-01-2019 Inadmite Contrato de servizos Acto trámite non cualificado O acordo do órgano de contratación se sitúa no momento procedimental previsto no artigo 150.2 da LCSP, é dicir, con carácter previo á adxudicación. Inadmisión. Descargar ficheiro
Mostrando do 1.841 ao 1.860 de 2.027 resultados