Resolucións

Mostrar    resultados
Nº Resolución Nº Recurso Data Resolución Decisión Tipo Contrato Acto Recorrido Descrición Arquivo
0161/2019 0167/2019 03-07-2019 Desestima Contrato de servizos Pregos A división en lotes é facultade do órgano de contratación. O principio de neutralidade tecnolóxica pode decaer fronte á existencia de xustificacións obxectivas que aconsellen o uso dunha tecnoloxía determinada. Prazo suficiente para conformar oferta tendo en conta a publicidade dada mediante anuncio de información previa. Inexistencia de avantaxe para o actual adxudicatario do servizo. Desestimación. Descargar ficheiro
0151/2019 0166/2019 21-06-2019 Inadmite Contrato de servizos Pregos A contratación, mediante procedemento aberto simplificado, non ten o limiar susceptible de recurso. Inadmisión. Descargar ficheiro
0157/2019 0165/2019 26-06-2019 Inadmite Contrato de servizos Pregos A lexitimación dun sindicato non abrangue impugnar a estrutura da fórmula de revisión de prezos. Inexistencia de lexitimación. Inadmisión. En obiter dicta, a dita fórmula axústase á normativa de aplicación. Descargar ficheiro
0158/2019 0164/2019 27-06-2019 Desestima Contrato de subministración Adxudicación Inexistencia de argumentos para excluír a oferta adxudicataria que cumpre os requisitos dos pregos. Desestimación. Descargar ficheiro
0150/2019 0163/2019 21-06-2019 Inadmite Contrato de servizos Pregos A contratación, mediante procedemento aberto simplificado, non ten o limiar susceptible de recurso. Inadmisión. Descargar ficheiro
0160/2019 0162/2019 03-07-2019 Estima Contrato de servizos Adxudicación A oferta adxudicataria incumpre as esixencias dos pregos. Estimación do recurso e exclusión da oferta adxudicataria. Anulación da adxudicación con retroacción do procedemento e conservación dos trámites que corresponda. Descargar ficheiro
0156/2019 0161/2019 26-06-2019 Estima Contrato de servizos Pregos Licitación dun procedemento negociado sen publicidade cando non quedan xustificado no expediente os elementos necesarios legalmente previstos para este. Carácter restritivo e excepcional dese procedemento. Estimación. Descargar ficheiro
0155/2019 0160/2019 24-06-2019 Desestima Contrato de servizos Adxudicación Inexistencia de inviabilidade das ofertas segundo os pregos. Desestimación. Descargar ficheiro
0165/2019 0159/2019 09-07-2019 Estima parcialmente Contrato de subministración Adxudicación Discrepancia nos pregos na versión en galego e na de castelán que afecta a un criterio de adxudicación. Anulación do procedemento. Descargar ficheiro
0154/2019 0158/2019 24-06-2019 Inadmite Contrato de servizos Pregos Desistencia do órgano de contratación. Inexistencia do obxecto do recurso. En obiter dicta, o sindicato recorrente carece de lexitimación activa para invocar vulneración do art. 145.4 LCSP. Asemade, a reiteración de alegacións que xa foron rexeitadas por este TACGal pode dar lugar á multa por temeridade. Descargar ficheiro
0153/2019 0157/2019 24-06-2019 Desestima Contrato de servizos Adxudicación Criterio automático de avaliación. Ausencia de discrecionalidade. Non cabe invocar unha nulidade de pleno dereito duns pregos non impugnados oportunamente. Desestimación. Descargar ficheiro
0142/2019 0156/2019 11-06-2019 Desestima Contrato de servizos Pregos Respecto do persoal mínimo esixido, o PPT explica que a expresión “equivalente” abrangue a todas as titulacións que na súa formación curricular inclúan como materia específica as estradas e vías de comunicación e cálculo de estruturas. Inexistencia de irregularidade nos pregos. Descargar ficheiro
0149/2019 0155/2019 21-06-2019 Estima parcialmente Contrato de subministración Exclusión Discrepancia nos pregos da contratación que determina unha incongruencia nas condicións da licitación que impide unha avaliación axeitada das ofertas presentadas e afectou á configuración das propostas polos licitadores. Estimación parcial. Nulidade do procedemento no lote impugnado. Descargar ficheiro
0148/2019 0154/2019 21-06-2019 Desestima Contrato de subministración Adxudicación Inexistencia de erros ou defectos formais no informe de avaliación de ofertas. Presunción de acerto e validez da avaliación. Motivación extensa. Discrecionalidade técnica. Descargar ficheiro
0152/2019 0153/2019 24-06-2019 Estima Contrato de servizos Pregos A subrogación de persoal non pode establecerse nun convenio non citado nos pregos, que pola contra, cita outro convenio que non recolle a obriga de subrogación. Vulneración do principio de transparencia. Anulación dos pregos nesa cláusula. Descargar ficheiro
0141/2019 0152/2019 11-06-2019 Desestima Contrato de servizos Exclusión O persoal ofertado non acada o perfil esixido nos pregos. As condicións e esixencias nesta contratación a este respecto eran coñecidas para calquera licitador sendo as mesmas firmes e consentidas e, polo tanto, lex contractus de obrigado seguimento tanto para o licitador como incluso para o órgano de contratación, todo o cal obriga a rexeitar o recurso. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0146/2019 0151/2019 17-06-2019 Estima Contrato de subministración Exclusión Segundo o art. 128.1 LCSP deben ser aceptados certificados doutros organismos de avaliación equivalentes. Exclusión improcedente. Anulación da adxudicación e da exclusión con retroaccións das actuacións ao momento anterior a esa exclusión, debendo continuar e manter a validez dos trámites correspondentes. Descargar ficheiro
0147/2019 0150/2019 19-06-2019 Estima Contrato de subministración Adxudicación A oferta adxudicataria presentada non cumpre os pregos. Invariabilidade da oferta. Anulación da adxudicación, retroacción do procedemento para exclusión da oferta adxudicataria e nova determinación do adxudicatario, con conservación dos trámites correspondentes. Descargar ficheiro
0145/2019 0149/2019 17-06-2019 Desestima Contrato de servizos Exclusión A recorrente non acreditou a solvencia exixida nos pregos. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
0140/2019 0148/2019 11-06-2019 Desestima Contrato de servizos Exclusión Insuficiente xustificación da viabilidade da oferta anormal. Exclusión procedente. Descargar ficheiro
Mostrando do 1.661 ao 1.680 de 1.991 resultados