Saltar ao contido principal
Resolucións
Las
resoluciones en castellano son traducciones del original, en
gallego, que es el texto prevalente en caso de discrepancias
Mostrar resultados
| Nº Resolución | Nº Recurso | Data Resolución | Decisión | Tipo Contrato | Acto Recorrido | Descrición | Arquivo |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 0119/2018 | 0129/2018 | 04-12-2018 | Desestima | Concesión de servizos | Exclusión | Se un licitador ao configurar a súa oferta técnica ofrece un determinado número de persoal a adscribir ao contrato obxecto da concesión, ese persoal debe ter un reflexo económico. | Descargar ficheiro |
| 0110/2018 | 0118/2018 | 27-11-2018 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | Non cabe unha esaxerada interpretación do sentido propio das palabras dos pregos ata o punto de argumentar unha posible escuridade que non é tal. A oferta do recorrente non se axusta aos pregos. Inexistencia de escuridade. Discrecionalidade técnica. Exclusión procedente. | Descargar ficheiro |
| 0106/2018 | 0116/2018 | 21-11-2018 | Desestima | Contrato de servizos | Adxudicación | A oferta adxudicataria axústase aos pregos. | Descargar ficheiro |
| 0105/2018 | 0113/2018 | 15-11-2018 | Desestima | Contrato de subministración | Adxudicación | Recurso contra adxudicación por parte do licitador competidor tras resolución de admisión da oferta do adxudicatario. Inexistencia no caso do carácter preclusivo da impugnación contra a admisión. Admisión do recurso contra a adxudicación. A adxudicataria xustificou suficientemente a viabilidade da súa oferta no procedemento por anormalmente baixa. | Descargar ficheiro |
| 0104/2018 | 0112/2018 | 15-11-2018 | Desestima | Contrato de servizos | Exclusión | Licitación electrónica. Dobre presentación da oferta na Plataforma. Non se traslada erro ou mal funcionamento da mesma. Non é óbice a alegación de que ambas presentacións eran iguais. Exclusión procedente. | Descargar ficheiro |
| 0102/2018 | 0111/2018 | 08-11-2018 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | Non é admisible nin unha ampliación do prazo, nin unha emenda do xa emendado. Exclusión procedente. | Descargar ficheiro |
| 0097/2018 | 0106/2018 | 25-10-2018 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | Na información do recurso especial procede indicar a posibilidade de presentación no TACGal. A oferta non cumpre as condicións técnicas previstas nos pregos. Exclusión procedente. | Descargar ficheiro |
| 0094/2018 | 0103/2018 | 22-10-2018 | Desestima | Contrato de servizos | Adxudicación | Correcta avaliación das ofertas. | Descargar ficheiro |
| 0093/2018 | 0105/2018 | 19-10-2018 | Desestima | Concesión de servizos | Adxudicación | Non se está perante unha posibilidade de aclarar a oferta presentada, senón dun intento de modificala. Improcedencia. | Descargar ficheiro |
| 0092/2018 | 0100/2018 | 19-10-2018 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | Falta de dilixencia na elaboración da oferta. Adiantar no sobre B información do sobre C. Incumprimento do PPT. A interposición do recurso especial non é momento de achegar documentos propios da oferta. | Descargar ficheiro |
| 0082/2018 | 0089/2018 | 27-09-2018 | Desestima | Contrato de servizos | Exclusión | Exclusión motivada e conforme a dereito da oferta que expresa un prezo superior ao fixado nos pregos. | Descargar ficheiro |
| 0081/2018 | 0088/2018 | 27-09-2018 | Desestima | Contrato de servizos | Pregos | Resulta correcta a solvencia técnica esixida para dirección de execución material e coordinación de seguridade e saúde en obras destinadas a usos sanitarios. A non inclusión da titulación dos enxeñeiros técnicos industriais resulta conforme a dereito. | Descargar ficheiro |
| 0078/2018 | 0084/2018 | 24-09-2018 | Desestima | Contrato de subministración | Adxudicación | Réxime do axuste das ofertas aos pregos a efectos da súa exclusión. Proporcionalidade. | Descargar ficheiro |
| 0077/2018 | 0082/2018 | 24-09-2018 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | Inadmisibilidade dunha impugnación aos pregos por quen xa aceptou o seu contido presentándose á licitación. Non nos atopamos ante un incumprimento pola oferta do recorrente das esixencias previstas nos pregos que determine a consecuencia da exclusión do licitador, senón ante unha oferta que foi valorada, se ben a puntuación obtida no procedemento impídelle continuar. Discrecionalidade técnica. | Descargar ficheiro |
| 0069/2018 | 0066/2018 | 10-09-2018 | Desestima | Concesión de servizos | Adxudicación | Viabilidade da oferta adxudicataria. Doutrina sobre a exclusión. | Descargar ficheiro |
| 0067/2018 | 0078/2018 | 03-09-2018 | Desestima | Contrato de servizos | Pregos | Contrato con reserva a empresas de inserción e centros especiais de emprego. A ausencia de acordo municipal que fixe a porcentaxe mínima de reserva non impide licitacións con tal condición. | Descargar ficheiro |
| 0065/2018 | 0076/2018 | 31-08-2018 | Desestima | Contrato de subministración | Adxudicación | Discrecionalidade técnica. Diferenzas coa valoración nunha licitación anterior. | Descargar ficheiro |
| 0064/2018 | 0075/2018 | 31-08-2018 | Desestima | Contrato de servizos | Exclusión | Vinculación á solvencia presentada coa declaración responsable. Momento de ter a solvencia, na data final de presentación das ofertas. Exclusión procedente. | Descargar ficheiro |
| 0063/2018 | 0074/2018 | 31-08-2018 | Desestima | Contrato de servizos | Adxudicación | Deben prevalecer as mencións máis específicas ou desenvolvidas nas proposicións dos licitadores que as de carácter máis xenérico. Inexistencia de escuridade nos pregos. Non valoración de melloras na oferta do recorrente. | Descargar ficheiro |
| 0062/2018 | 0070/2018 | 31-08-2018 | Desestima | Contrato de subministración | Exclusión | Discrecionalidade técnica. Unicamente cando o incumprimento sexa palpable, de modo que non caiba dúbida ningunha de que a oferta non é congruente ou se opón abertamente ás prescricións técnicas contidas no prego, procede a exclusión. | Descargar ficheiro |
Mostrando do 1.961 ao 1.980 de 1.991 resultados