Saltar ao contido principal
Resolucións
Las
resoluciones en castellano son traducciones del original, en
gallego, que es el texto prevalente en caso de discrepancias
Mostrar resultados
| Nº Resolución | Nº Recurso | Data Resolución | Decisión | Tipo Contrato | Acto Recorrido | Descrición | Arquivo |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 0043/2019 | 0027/2019 | 18-02-2019 | Desestima | Contrato de servizos | Adxudicación | A lexitimación do recorrente é porque un licitador participante nun procedemento de contratación pode impugnar a adxudicación agás que estea definitivamente excluído, condición que, en base a Sentenzas do TXUE, non aparece en quen efectivamente ten impugnada esa exclusión cando recorre a adxudicación, tendo en conta que recorre contra a adxudicación dun competidor que era aquí o único outro licitador que concorría. A situación non sería a mesma entón se esa exclusión non estivera recorrida nese intre. Os precontratos constitúen proba suficiente para acreditar a dispoñibilidade efectiva de medios persoais. | Descargar ficheiro |
| 0038/2019 | 0038/2019 | 12-02-2019 | Inadmite | Contrato de servizos | Adxudicación | A recorrente foi a terceira clasificación na puntuación final. Inexistencia de beneficio coa eventual estimación do recurso que só impugna a oferta adxudicataria. | Descargar ficheiro |
| 0034/2019 | 0017/2019 | 07-02-2019 | Desestima | Contrato de servizos | Adxudicación | Innecesariedade de comité de expertos. Emisión de informes de valoración por quen participara na redacción da documentación técnica. Composición da mesa de contratación. Atribución razoada de puntuacións. Discrecionalidade técnica. | Descargar ficheiro |
| 0024/2019 | 0014/2019 | 30-01-2019 | Desestima | Contrato de servizos | Adxudicación | Pregos consentidos e non impugnados sobre a operatividade dos criterios de adxudicación. Non escuridade. Nos pregos os criterios automáticos superaban aos de xuízo de valor. Innecesariedade comité de expertos. Discrecionalidade técnica na avaliación de criterios. Motivación suficiente da avaliación efectuada. | Descargar ficheiro |
| 0009/2019 | 0160/2018 | 14-01-2019 | Estima | Contrato de servizos | Adxudicación | Emenda na solvencia técnica e profesional segundo art. 150 LCSP. Anulación do acordo de adxudicación con retroacción do procedemento. | Descargar ficheiro |
| 0005/2019 | 0154/2018 | 14-01-2019 | Desestima | Contrato de servizos | Adxudicación | Acceso ao expediente. O recorrente limitou ante o órgano de contratación a súa petición de acceso a aspectos concretos da documentación, polo que non cabería xa ampliar neste momento ese acceso a aspectos diferentes dos solicitados previamente. A exclusión dun licitador pola inclusión indebida de documentación en sobre distinto ao que lle correspondería non é un criterio absoluto. A adxudicataria non anticipou información avaliable como criterio automático. | Descargar ficheiro |
| 0002/2019 | 0148/2018 | 03-01-2019 | Desestima | Contrato de subministración | Adxudicación | Discrecionalidade técnica. Ao tratarse de aspectos que se avalían con criterios estritamente técnicos, o TACGal non pode corrixilos aplicando criterios xurídicos, sen prexuízo de que poidan ser obxecto de análise cuestións formais da valoración, como as normas de competencia ou de procedemento, por exemplo, ou a análise de se na valoración se aplicaron criterios arbitrarios ou discriminatorios, ou omisións ou erros materiais ao efectuala. Fóra destes aspectos, o Tribunal debe respectar os resultados de devandita valoración. | Descargar ficheiro |
| 0128/2018 | 0143/2018 | 17-12-2018 | Desestima | Contrato de servizos | Adxudicación | Non se argumentan, nin comproba polo TACGal, erros ou incongruencias manifestas na puntuación concedida respecto ás explicacións contidas no informe, nin de estas con relación ao contido dos pregos, máis alá da propia discrepancia do recorrente. Discrecionalidade técnica. | Descargar ficheiro |
| 0125/2018 | 0138/2018 | 13-12-2018 | Inadmite | Contrato de servizos | Adxudicación | A recorrente foi a terceira clasificada, e o recurso presentado diríxese exclusivamente contra a oferta finalmente adxudicataria, sen realizar ningunha consideración sobre a segunda clasificada. | Descargar ficheiro |
| 0121/2018 | 0132/2018 | 05-12-2018 | Desestima | Contrato de subministración | Adxudicación | Ao tratarse de aspectos que se avalían con criterios estritamente técnicos, o Tribunal non pode corrixilos aplicando criterios xurídicos. | Descargar ficheiro |
| 0120/2018 | 0131/2018 | 04-12-2018 | Desestima | Concesión de servizos | Adxudicación | Valoración das melloras. Discrecionalidade técnica. | Descargar ficheiro |
| 0118/2018 | 0125/2018 | 04-12-2018 | Estima | Contrato de obras | Adxudicación | Motivación insuficiente. Procedeuse á apertura da oferta económica, non se pode efectuar nova avaliación dos criterios sometidos a xuízo de valor. Anulación da totalidade da licitación. | Descargar ficheiro |
| 0113/2018 | 0117/2018 | 30-11-2018 | Estima | Contrato de servizos | Adxudicación | O documento da oferta do adxudicatario excedía do número de follas establecidas no prego. Principio de proporcionalidade na cuestión. Exceso cualificado con afectación no caso á igualdade. Necesidade de excluír ao adxudicatario. | Descargar ficheiro |
| 0112/2018 | 0114/2018 | 30-11-2018 | Estima parcialmente | Contrato de servizos | Adxudicación | Lexitimación do excluído para impugnar a adxudicación, derivada da interposición dun recurso contencioso contra aquela exclusión. Cabía variar a listaxe nominal de pilotos sempre que cumpran as esixencias dos pregos. | Descargar ficheiro |
| 0106/2018 | 0116/2018 | 21-11-2018 | Desestima | Contrato de servizos | Adxudicación | A oferta adxudicataria axústase aos pregos. | Descargar ficheiro |
| 0105/2018 | 0113/2018 | 15-11-2018 | Desestima | Contrato de subministración | Adxudicación | Recurso contra adxudicación por parte do licitador competidor tras resolución de admisión da oferta do adxudicatario. Inexistencia no caso do carácter preclusivo da impugnación contra a admisión. Admisión do recurso contra a adxudicación. A adxudicataria xustificou suficientemente a viabilidade da súa oferta no procedemento por anormalmente baixa. | Descargar ficheiro |
| 0103/2018 | 0115/2018 | 13-11-2018 | Inadmite | Contrato de subministración | Adxudicación | O valor estimado da subministración non acada o limiar susceptible de recurso especial. | Descargar ficheiro |
| 0100/2018 | 0107/2018 | 02-11-2018 | Estima parcialmente | Contrato de servizos | Adxudicación | A licitadora aportou na súa oferta os elementos necesarios para a súa valoración, se ben acreditados de xeito incorrecto, polo que unha posible emenda dese defecto formal non suporía a modificación da súa oferta. | Descargar ficheiro |
| 0096/2018 | 0099/2018 | 25-10-2018 | Estima | Concesión de servizos | Adxudicación | Nas ofertas anormais debe seguirse o procedemento previsto no art. 149 LCSP. Ausencia de decisión do órgano de contratación. Anulación e retroacción do procedemento. | Descargar ficheiro |
| 0094/2018 | 0103/2018 | 22-10-2018 | Desestima | Contrato de servizos | Adxudicación | Correcta avaliación das ofertas. | Descargar ficheiro |
Mostrando do 1.781 ao 1.800 de 1.991 resultados