Resolucións

Mostrar    resultados
Nº Resolución Nº Recurso Data Resolución Decisión Tipo Contrato Acto Recorrido Descrición Arquivo
0074/2019 0069/2019 01-04-2019 Estima Contrato de servizos Exclusión Oferta considerada desproporcionada. A viabilidade da oferta debe apreciarse globalmente respecto ao conxunto da prestación. Nulidade da exclusión. Retroacción da licitación ao momento anterior á exclusión, con nova valoración de ofertas, incluíndo á recorrente e nova proposta de adxudicación á mellor clasificada. Conservación de actos. Descargar ficheiro
0073/2019 0067/2019 01-04-2019 Estima parcialmente Contrato de servizos Pregos Criterios no PCAP que implican arraigo territorial. Vulneración da libre competencia. Estimación deste motivo. Por outra parte, o órgano de contratación xustifica a non división en lotes. Descargar ficheiro
0072/2019 0073/2019 29-03-2019 Estima Contrato de servizos Pregos O orzamento do contrato debe configurarse segundo os arts. 100 e 101 LCSP. Nulidade de cláusula 3 do PCAP. Descargar ficheiro
0072/2019 0072/2019 29-03-2019 Estima Contrato de servizos Pregos O orzamento do contrato debe configurarse segundo os arts. 100 e 101 LCSP. Nulidade de cláusula 3 do PCAP. Descargar ficheiro
0071/2019 0071/2019 29-03-2019 Estima Contrato de servizos Pregos O órgano de contratación incumpre a obriga de desagregación dos orzamentos da licitación, ex art. 100 LCSP. Nulidade da cláusula 4 do PCAP respecto do orzamento e valor estimado. Descargar ficheiro
0070/2019 0062/2019 28-03-2019 Inadmite Contrato de obras Exclusión A recorrente non emendou a acreditación do poder para interpoñer recursos en nome da entidade mercantil. En obiter dicta, a licitadora non ten clasificación respecto dos lotes aos que concorre. Exclusión procedente. Prego lex contractus. Imposibilidade de renunciar ao lote 2 porque constitúe unha retirada de proposicións non admitida pola LCSP. Descargar ficheiro
0069/2019 0070/2019 28-03-2019 Inadmite Contrato de subministración Pregos Desistencia da contratación por detectar erro non emendable. Carencia sobrevida do obxecto do recurso. Descargar ficheiro
0068/2019 0066/2019 28-03-2019 Desestima Contrato de servizos Adxudicación A executividade das resolución dos Tribunais de recursos contractuais. Descargar ficheiro
0067/2019 0059/2019 28-03-2019 Estima Contrato de subministración Pregos As mencións xenéricas nos PCAP impiden a un licitador dilixente coñecer aspectos relevantes a avaliar polo órgano de contratación, deixando a este un excesivo marxe de distribución da puntuación que impediría o posterior control. Vulneración dos principios de transparencia e de igualdade. Descargar ficheiro
0066/2019 0058/2019 25-03-2019 Inadmite Contrato de servizos Desistencia da licitación A UTE recorrente non foi licitadora polo que carece de lexitimación, art. 55.b LCSP. Que unha empresa integrante desa UTE sexa licitadora non lle traslada lexitimación para interpoñer o recurso. Os erros padecidos nos pregos e apreciados polo órgano de contratación son motivo da desistencia da licitación. Descargar ficheiro
0065/2019 0057/2019 25-03-2019 Desestima Contrato de subministración Exclusión A oferta do recorrente non se axusta ao PPT. A correcta configuración da oferta é responsabilidade do licitador sen que o recurso especial se poida transformar nun trámite para modificar ou cumprimentar a oferta presentada. Descargar ficheiro
0064/2019 0056/2019 25-03-2019 Estima parcialmente Contrato de servizos Adxudicación Suposto de lexitimación para impugnar simultaneamente a adxudicación e a exclusión. Inexistencia de risco operacional. Falta de motivación na avaliación. Descargar ficheiro
0063/2019 0065/2019 22-03-2019 Inadmite Contrato de subministración Pregos Non cabe unha acción baseada no mero interese da legalidade. Falta de lexitimación. Descargar ficheiro
0062/2019 0063/2019 20-03-2019 Inadmite Contrato de subministración Non susceptible de recurso especial A clasificación de ofertas e o informe técnico de valoración non son susceptibles de recurso especial, art. 44.2.b. Descargar ficheiro
0061/2019 0061/2019 20-03-2019 Inadmite Contrato de servizos Non susceptible de recurso especial A incoacción dun procedemento para imposición de penalidades contractuais non é susceptible de impugnación mediante recurso especial. Descargar ficheiro
0060/2019 0053/2019 20-03-2019 Desestima Contrato de servizos Adxudicación Subcriterios. Non afastamento dos pregos na valoración. Descargar ficheiro
0059/2019 0052/2019 15-03-2019 Estima parcialmente Contrato de servizos Pregos O órgano de contratación incumpre a obriga do artigo 100.2 LCSP, sobre o orzamento da licitación. Cúmprese coa porcentaxe mínima de criterios relativos á calidade, ex art. 145.4.2º. Descargar ficheiro
0058/2019 0054/2019 15-03-2019 Desestima Contrato de subministración Adxudicación Tratándose de criterios de aplicación automática, o único que procede é a aplicación directa da fórmula prevista, sen que se poidan introducir criterios técnicos que desvirtúen o previsto nos pregos da licitación. Descargar ficheiro
0058/2019 0051/2019 15-03-2019 Desestima Contrato de subministración Adxudicación Tratándose de criterios de aplicación automática, o único que procede é a aplicación directa da fórmula prevista, sen que se poidan introducir criterios técnicos que desvirtúen o previsto nos pregos da licitación. Descargar ficheiro
0057/2019 0049/2019 15-03-2019 Estima parcialmente Contrato de subministración Exclusión Erro relevante na notificación da exclusión. Retroacción do procedemento para que se analice se o lote ofertado se axusta ao exixido no PPT, se acorde o que proceda e se notifique oportunamente, con conservación dos trámites non afectados. Descargar ficheiro
Mostrando do 1.761 ao 1.780 de 1.992 resultados