Saltar menú

Avisos

Febreiro 2021

Presentación e tramitación electrónica do recurso especial

O artigo 35 quinquies da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico (redacción dada pola Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas) establece:

  1. A presentación dos escritos de interposición dos recursos e reclamacións, de alegacións ou de solicitudes da competencia do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia farase por medios electrónicos.
  2. As comunicacións e o intercambio de documentación entre os órganos competentes para resolver os recursos, os órganos de contratación e os interesados no procedemento faranse por medios electrónicos, e de acordo co disposto na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, no que sexa de aplicación.
  3. O sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal é o enderezo electrónico habilitado para os efectos do artigo 51.1.e) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

Maio 2020

Publicada memoria Tacgal 2019

Publicada a Memoria do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia de 2019. Nesta Memoria descríbese, respecto a tal ano, a súa actividade con estatísticas.

Ligazóns relacionadas

Abril 2020

Código electrónico BOE Covid 19 Dereito europeo, estatal e autonómico

Menciona o Boletín Oficial do Estado que tal Código Electrónico presenta o bloque normativo que regula a situación de emerxencia sanitaria ocasionada polo COVID-19, recollendo a lexislación aplicable en España, tanto a procedente de fontes europeas como do Dereito Interno. Engade que xunto á totalidade do Dereito de orixe estatal na materia, esa publicación ofrece a relación das principais disposicións da UE (apartado I) e da normativa das Comunidades e Cidades Autónomas (apartado II), facilitando o acceso mediante un hiperenlace ao diario oficial correspondente.

Ligazóns relacionadas

Novembro 2019

Acordo sobre o mantemento da suspensión automática nos procedementos de contratación cando se impugna o acto de adxudicación 11/11/2019

Respecto dos recursos con entrada no Tribunal Administrativo desde 01.12.2019, o TACGal, seguindo o criterio doutros tribunais de recursos administrativos, acorda non adoptar resolucións de mantemento de suspensión nos recursos especiais en materia de contratación interpostos contra actos de adxudicación, salvo nos supostos en que expresamente se solicite o levantamento da suspensión automática polo órgano de contratación, entendéndose, noutro caso, vixente a suspensión ata a resolución do recurso que acorde o seu levantamento.

Ligazóns relacionadas

Febreiro 2019

Publicada Memoria Tacgal 201825/02/2019

Publicada a primeira Memoria do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Dado que este comezou a funcionar o 02/04/2018, a mesma abrangue os nove meses dese ano 2018 no que estivo operativo.

Nesta Memoria descríbese ao Tacgal e a súa actividade con estadísticas. Tamén unha escolma da súa doutrina nese ano.

Ligazóns relacionadas

Marzo 2018

O Tacgal porase en funcionamento o 2 de abril 28/03/2018

O Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (Tacgal) comezará a exercer as súas funcións o 2 de abril de 2018. A partir dese día poderán presentarse ante o mesmo os recursos e procedementos dos que é competente.

Os asuntos de que estea a coñecer o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais até tal 2 de abril seguirán baixo o seu coñecemento ata a súa resolución.

Ligazóns relacionadas

  • Publicación no DOG do acordo de entrada en funcionamento do Tacgal.
Tramitación electrónica do Tacgal 28/03/2018

A tramitación do Tacgal rexerase pola Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público, artigo 54 “Comunicacións e notificacións”, segundo cal as comunicacións e o intercambio de documentación entre os órganos competentes para a resolución dos recursos, os órganos de contratación e os interesados no procedemento faranse por medios electrónicos.

Ligazóns relacionadas