Resolucións

Mostrar    resultados
Nº Resolución
Nº Recurso
Data Resolución
Decisión
Tipo Contrato
Acto Recorrido
Descrición Arquivo
0073/2018 0072/2018 17-09-2018 Estima Concesión de servizos Pregos Inexistencia de risco operacional para o contratista. Anulación da licitación por non ter natureza de concesión de servizo. Descargar ficheiro
0074/2018 0073/2018 17-09-2018 Estima Contrato de servizos Pregos A solvencia esixida é contraria a dereito, por limitala a quen fixera o mesmo que o obxecto da licitación. O mesmo respecto do criterio de adxudicación. O recorrente non traslada como a designación do CPV elixido afectou a súa posición xurídica. Descargar ficheiro
0075/2018 0081/2018 20-09-2018 Estima parcialmente Contrato de servizos Adxudicación A interposición do recurso contencioso contra unha previa exclusión impide que sexa definitiva e permite que poida impugnar a adxudicación. Confidencialidade das ofertas. Importancia do informe do órgano de contratación sobre o recurso. Importancia das respostas ás consultas dos licitadores e a súa publicidade. Natureza do requisito: adscrición de medios á execución do contrato. Retroacción. Descargar ficheiro
0076/2018 0087/2018 20-09-2018 Estima Contrato de servizos Pregos Cláusulas sociais como criterio de adxudicación na LCSP 2017. Falta de xustificación da fórmula elixida para a avaliación do criterio. Criterio que afecta á intimidade persoal, que, tal como se plasma, impide o cumprimento do artigo 145.5.c) sobre comprobación efectiva da información facilitada polos licitadores. Descargar ficheiro
0077/2018 0082/2018 24-09-2018 Desestima Contrato de subministración Exclusión Inadmisibilidade dunha impugnación aos pregos por quen xa aceptou o seu contido presentándose á licitación. Non nos atopamos ante un incumprimento pola oferta do recorrente das esixencias previstas nos pregos que determine a consecuencia da exclusión do licitador, senón ante unha oferta que foi valorada, se ben a puntuación obtida no procedemento impídelle continuar. Discrecionalidade técnica. Descargar ficheiro
0078/2018 0084/2018 24-09-2018 Desestima Contrato de subministración Adxudicación Réxime do axuste das ofertas aos pregos a efectos da súa exclusión. Proporcionalidade. Descargar ficheiro
0079/2018 0085/2018 27-09-2018 Estima parcialmente Contrato de subministración Exclusión Falta de motivación na exclusión. Retroacción do procedemento para avaliación e motivación da exclusión. Descargar ficheiro
0080/2018 0086/2018 27-09-2018 Estima Contrato de servizos Adxudicación Licitación sometida ao TRLCSP cando debía estalo á LCSP. Defectos de motivación na avaliación das ofertas. Anulación da adxudicación e do procedemento de licitación. Descargar ficheiro
0081/2018 0088/2018 27-09-2018 Desestima Contrato de servizos Pregos Resulta correcta a solvencia técnica esixida para dirección de execución material e coordinación de seguridade e saúde en obras destinadas a usos sanitarios. A non inclusión da titulación dos enxeñeiros técnicos industriais resulta conforme a dereito. Descargar ficheiro
0082/2018 0089/2018 27-09-2018 Desestima Contrato de servizos Exclusión Exclusión motivada e conforme a dereito da oferta que expresa un prezo superior ao fixado nos pregos. Descargar ficheiro
0083/2018 0090/2018 27-09-2018 Inadmite Non susceptible de recurso especial Adxudicación Incompetencia. Acto non susceptible de recurso especial, de conformidade co artigo 44 LCSP. Descargar ficheiro
0084/2018 0091/2018 27-09-2018 Inadmite Contrato de subministración Pregos Falta de acreditación da representación da persoa que comparece na interposición do recurso e do obxecto social da empresa para a súa lexitimación, tras ofrecemento de emenda. Interposición extemporánea do recurso especial. Descargar ficheiro
0085/2018 0092/2018 01-10-2018 Inadmite Contrato de servizos Acto trámite non cualificado Recurso contra acto non susceptible de impugnación de conformidade co disposto no artigo 44 LCSP. Descargar ficheiro
0086/2018 0093/2018 01-10-2018 Inadmite Contrato de subministración Pregos Falta de acreditación da representación da persoa que comparece na interposición do recurso e do obxecto social da empresa para a súa lexitimación, tras ofrecemento de emenda. Interposición extemporánea do recurso especial. Descargar ficheiro
0087/2018 0094/2018 08-10-2018 Estima Contrato de subministración Exclusión Oferta presentada en oficina de rexistro baseándose en anuncio da contratación. Admisión. De quererse establecer un único rexistro a estes efectos debía facerse constar expresamente non só nos pregos, senón tamén no anuncio de licitación, e dunha forma clara. Descargar ficheiro
0088/2018 0096/2018 10-10-2018 Inadmite Contrato de servizos Pregos O órgano de contratación admite erro non emendable padecido nos pregos e dita resolución de desistencia da licitación. Carencia sobrevida do obxecto do recurso. Descargar ficheiro
0089/2018 0101/2018 10-10-2018 Inadmite Contrato de subministración Outros Non cabe interpoñer recurso extraordinario de revisión contra a resolución do TACGal, só cabe recurso contencioso, art. 59 LCSP. Descargar ficheiro
0090/2018 0102/2018 15-10-2018 Inadmite Contrato de servizos Pregos Licitación suxeita á Lei 31/2007. Interposición extemporánea da reclamación contra os pregos. Descargar ficheiro
0091/2018 0095/2018 19-10-2018 Estima Concesión de servizos Adxudicación Debeu concederse a posibilidade de aclarar a oferta. Retroacción do procedemento para emendar o medio de acreditación dun criterio automático. Descargar ficheiro
0092/2018 0100/2018 19-10-2018 Desestima Contrato de subministración Exclusión Falta de dilixencia na elaboración da oferta. Adiantar no sobre B información do sobre C. Incumprimento do PPT. A interposición do recurso especial non é momento de achegar documentos propios da oferta. Descargar ficheiro
Mostrando do 81 ao 100 de 1.486 resultados