Ao escrito de interposición xuntarase:
- O documento que acredite a representación da persoa comparecente, salvo se figura unido ás actuacións doutro recurso pendente ante o mesmo órgano, caso en que se poderá solicitar que se expida certificación
para unir ao procedemento.
- O documento ou documentos que acrediten a lexitimación da persoa demandante cando a posúa porque lla transmitiu outra por herdanza ou por calquera outro título.
- A copia ou traslado do acto expreso contra o cal se recorra, ou indicación do expediente en que se ditase ou do boletín oficial ou perfil de contratante en que se publicou.
- O documento ou documentos nos que funde o seu dereito.
- Un enderezo de correo electrónico «habilitado» ao cal enviar, de conformidade coa disposición adicional décimo quinta, as comunicacións e notificacións. (Artigo 51 da Lei 9/2017 de contratos do sector público)
O sistema de notificacións electrónicas de Galicia Notifica.gal é o enderezo electrónico habilitado para os efectos do artigo 51.1.e) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de
contratos do sector público (artigo 35.5 quinquies da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico).
No caso de que se aprecie temeridade ou mala fe na interposición do recurso ou na solicitude de medidas cautelares, poderase acordar a imposición dunha multa de entre 1.000 e 30.000 euros. (Artigo 58.2 da Lei 9/2017 de contratos do sector público)